Comparación entre MuseScore e Finale NotePad, característica a característica
Abaixo hai unha táboa de comparación entre o MuseScore e o Finale NotePad. Inicialmente fíxose esta comparación entre estes dous produtos porque eran libres. Desde que MakeMusic anunciou que ía comezar a cobrar polo Finale NotePad 2009, o MuseScore pasou a ser a escolla máis interesante.
A natureza destes dous editores de partituras é bastante diferente. O NotePad é limitado adrede para animar os usuarios a comprar versións máis completas do Finale, segundo aumentasen as súas necesidades. Por outro lado, o MuseScore desenvólvese como código aberto e libre no que calquera persoa coas habilidades e vontade pode axudar a mellorar o produto. Como resultado, o MuseScore é moito mellor cando se traballa con moitos insstrumentos ou con calquera notación alén do básico.
A táboa de embaixo está actualizada segundo a versión 0.9.4 do MuseScore.
| MuseScore | Finale NotePad | |
|---|---|---|
Notación |
||
| Número de pentagramas | Ilimitadas | 8 |
| Número de liñas de pentagrama posíbeis | 1 a 9 | 5 (máis tablatura) |
| Mudanzas de claves | Ilimitadas | 0 |
| Mudanzas de tempo | Ilimitadas | 0 |
| Anacrusas e compases incompletos | Posíbeis | Non son posíbeis |
| Liñas de letra | Ilimitadas | 1 |
| Nomes dos acordes | Posíbeis | Non son posíbeis |
| Notación da perscusión | Posíbel parcialmente | Non é posíbel |
| Estilos de documento | Personalizábeis | Fixos |
Notas |
||
| Notas con puntillo | Simples ou duplos | só simples |
| Ornamentos | Posíbeis | Non son posíbeis |
Aforros de tempo |
||
| Extracción de partes | Posíbel | Non é posíbel |
| Posibilidade de engadidos | QtScript (en desenvolvemento) | Ningunha |
Formatos de ficheiro |
||
| MIDI | Importa/exporta | Importa/exporta |
| MusicXML | Importa/exporta | Import/aexporta (na versión 2009) |
| Formatos de imaxe PNG/SVG | Exporta | Non os admite |
Reprodución |
||
| Mesturador | Parcial | Non existe |
| Son | Piano máis a posibilidade de engadir Fontes de son | 128 sons (General MIDI) |
| Reprodución expresiva | Somente se interpretan staccatos, tenutos, e arpexos | Estilo padrón "Human Playback" |
| Marca de posición da reprodución | Movemento do cursor máis desprazamento automático (a partir da versión 0.9.4) | Movemento do cursor máis desprazamento automático |
| Repeticións | Interpretedas | Ignoradas |
Plataforms |
||
| Windows | Existe | Existe |
| Mac OS | Existe | Existe |
| Linux | Existe | Non ten soporte nativo |
Prezo |
||
| Price | $0 | $9.95 (en setembro de 2008) |
| Código fonte | Libre para modificar e compartir | Software fechado |