Engadidos
Os engadidos son fragmentos de código que engaden unha funcionalidade específica ao MuseScore. Cando se adiciona un engadido aparece un menú novo no menú Engadidos do MuseScore que realiza unha acción dada sobre a partitura ou sobre parte dela. Os engadidos son unha maneira de permitir que os usuarios con poucos coñecementos de programación lle engadan funcionalidades ao software. Para crear engadidos, vexa a documentación.
Co MuseScore van incluídos xa varios engadidos. Pode atopar máis no repositorio de engadidos.
Instalación
Teña en conta que algúns engadidos poden requirir a instalación doutros compoñentes (tipos de letra,...) para funcionaren. Lea a documentación de cada engadido para máis información.
Windows
O MuseScore busca engadidos en C:\Program Files\MuseScore\Plugins e en C:\Users\USERNAME\AppData\Local\MusE\MuseScore\plugins no Vista e no 7 ou en C:\Documents and Settings\USERNAME\Local Settings\Application Data\MusE\MuseScore\plugins no Windows XP. Descargue o ficheiro zip co engadido e descomprímao nun destes directorios.
MacOS X
No MacOX X, o MuseScore busca os engadidos no bundle do MuseScore en /Applications/MuseScore.app/Contents/Resources/plugins e en ~/Library/Application Support/MusE/MuseScore/plugins. Descargue e descomprima o ficheiro co engadido nun destes directorios.
Para poder mover os ficheiros do bundle do aplicativo, prema co botón dereito MuseScore.app e escolla «Mostrar o contido do paquete» para revelar o directorio Contents.
Linux
Descargue e descomprima o engadido en /usr/local/share/mscore-1.0/plugins ou en~/.local/share/data/MusE/MuseScore/plugins
Engadidos instalados por omisión
Importación de ABC
Este engadido usa un servizo web (http://abc2xml.appspot.com/) para abrir un ficheiro ABC no MuseScore. Admite ABC 1.6. O ficheiro ABC envíase ao servizo web, que devolve un ficheiro MusicXML. O engadido mostra a partitura como unha partitura nova.
Chord chart
Este engadido crea unha partitura nova cos nomes de todos os acordes coñecidos polo MuseScore no estilo para jazz.
Color notes
Este engadido colora a cabeza de todas as notas de todos os pentagramas e voces de acordo coa convención BoomWhackers. Cada altura ten unha cor diferente. Do e Do C# teñen cores diferentes. C# e Db teñen a mesma cor.
Para que todas as notas sexan negras, prema unha cabez co botón dereito do rato -> Seleccionar -> Todos os elementos semellantes. Prema de novo a cabeza da nota co botón dereito -> Cor -> Escolla o negro.
Crear partituras
Este engadido crea unha partitura de piano nova con catro negras, Do, Re, Mi, Fa. É unha boa maneira de aprender a crear unha partitura nova e engadir notas cun engadido.,
Nomes das notas
Este engadido mostra o nome en inglés de cada unha das notas da voz 1 a carón das cabezas.
Test
Este engadido é simplemente unha proba que mostra unha caixa de diálogo «Olá, MuseScore». É un bon alicerce para comezar a aprender como crear engadidos.