Silencios de un compás
Silencios de un compás
![]()
Cando un compás completo carece de notas, emprégase un silencio de un compás.
Para crear un silencio de un compás seleccione un compás e prema Supr. Todas as notas e silencios deste compás substitúense por un silencio de un compás.
Silencios de varios compases
![]()
Os compases de espera indican un silencio de duración longa para un instrumento e utilízanse con frecuencia nas partituras para conxuntos musicais.
Instrucións
- No menú escolla Estilo → Modificar o estilo xeral (nas versións 0.9.5 e anteriores chamábase Estilo → Modificar o estilo)
- Prema o separador "Partitura" de non estar xa seleccionado
- Engada a opción "Crear compases de espera"
Limitacións
A opción de estilo crea automaticamente silencios de varios compases en toda a partitura. Polo tanto, recoméndase que se introduzan primeiro todas as notas e que se activen os silencios de varios compases despois.
As versións 0.9.5 e anteriores non rachaban automaticamente os silencios de varios compases en puntos importantes, como as liñas de compás dobres, as armaduras e as marcas de ensaio. Isto xa está arranxado nas versións máis recentes. Como tranquilla para as versións anteriores, vexa a sección «Rachar os silencios de varios compases» de operacións cos compases.