Noticia
Publicouse o MuseScore 1.0
É con orgullo que presentamos o MuseScore 1.0, a nosa versión mellor é máis estábel. O MuseScore 1.0 é un produto do software libre dispoñíbel para Windows, Mac e Linux e traducido a 35 linguas. É a solución ideal para crear partituras ben deseñadas.Leer máis
Descargue o MuseScore 1.0
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios
Funcionalidades novas do MuseScore 0.9.6
Funcionalidades novas máis interesantes
- Preparado para partituras de grupo básicas. Os compases de espera ráchanse automaticamente nos lugares correctos (cambios de tonalidade e tempo, barras dos compases, etc.), o transporte mantén a altura (por exemplo, os mi sostidos xa non se converten en fa despois de cambiar a altura de concerto e volver), a dinámica pode afectar un sistema completo ou un único instrumento ou pentagrama, o texto de repetición e o texto do sistema extráese para todas as partes; hai modelos xa preparados para orquestra e banda.
Características novas do MuseScore 0.9.5
- Coa publicación do MuseScore 0.9.5 chega a primeira edición estábel para Mac OS X 10.4 e posteriores
- Cree ficheiros de son das súas partituras mediante Ficheiro → Gardar como... (WAV, OGG e FLAC)
- Empregue e cree engadidos
- Coñeza a tesitura dos instrumentos (MuseScore marca as notas que estean fóra da tesitura en amarelo para os aficionados e en vermello para os profesionais)

- Duplo clic para abrir un ficheiro do MuseScore

- Máis de 30 erros arranxados
Comparación entre MuseScore e Finale NotePad, característica a característica
Abaixo hai unha táboa de comparación entre o MuseScore e o Finale NotePad. Inicialmente fíxose esta comparación entre estes dous produtos porque eran libres. Desde que MakeMusic anunciou que ía comezar a cobrar polo Finale NotePad 2009, o MuseScore pasou a ser a escolla máis interesante.Leer máis
Xa está disponíbel o MuseScore 0.9.4
Xa está disponíbel o MuseScore 0.9.4 en http://musescore.org/gl/descarga.
Funcionalidades novas máis interesantes: melloras na selección, copiado e apegado das notas, desprazamento automático durante a reprodución, máis linguas, melloras na entrada de percursión, posibilidade de teclado MIDI no Windows (no Linux xa se podía) e uns 30 erros arranxados.Leer máis