Características novas do MuseScore 0.9.5
- Coa publicación do MuseScore 0.9.5 chega a primeira edición estábel para Mac OS X 10.4 e posteriores
- Cree ficheiros de son das súas partituras mediante → (WAV, OGG e FLAC)
- Empregue e cree engadidos
- Coñeza a tesitura dos instrumentos (MuseScore marca as notas que estean fóra da tesitura en amarelo para os aficionados e en vermello para os profesionais)

- Duplo clic para abrir un ficheiro do MuseScore

- Máis de 30 erros arranxados
Reprodución
- As marcas de dinámica afectan a reprodución. Por exemplo, ff soa con máis intensidade que mp
- 8va and 8vb aplícanse agora a un único pentegrama (como é de esperar) no canto de a todos os pentagramas da partitura
- Os cambios de tempo reprodúcense correctamente nas partituras con repeticións
- Todos os pentagramas reprodúcense en Windows coa
SoundFont predeterminada. As versións anteriores só reproducían o pentagrama superior a non ser que se configurase manualmente unha General MIDI SoundFont
- A posición do deslizador no panel de reprodución agora é de fiar
- O misturador permite mudar os sons dos instrumentos no Windows. As versións para o Linux xa o podían facer
- Pódense afinar finamente as notas individuais até 200 cents por riba ou por baixo da altura orixinal no diálogo de propiedades de nota/acorde. O engadido de afinación permite modificar a altura de todas as notas dunha peza
- Reescribiuse o fluid synthesizer interno
- Reduciuse a carga inactiva do procesador desde un 10% até practicamente un 0%. O MuseScore só procesa os coros e reverberacións se o son estiver presente
- Inicio máis rápido e menor impacto na memoria, especialmente ao se empregaren SoundFonts grandes. MuseScore só carga exemplos da SoudFont se o precisar
Ficheiros
- Establece asociacións de tipo de ficheiro para MuseScore (".mscz" e ".mscx")

- Arrastrar e soltar os ficheiros na xanela do MuseScore abre a partitura en Windows (xa disponíbel no Linux)
- Elimina automaticamente os ficheiros temporais con nomes como "msHp4124" no Windows
- A nova extensión de ficheiros ".mscx" substitúe á antiga extensión de ficheiro ".msc". A extensión de ficheiros antiga entraba en conflito cun tipo de ficheiro de sistema do Windows
- Solucionouse un problema cos caracteres especiais (&<>\") nos ficheiros comprimidos do MuseScore
- A extracción de partes é menos propicia a fallos xerais (as ligaduras de expresión, voltas e barras que se estenden por varios compases xa non son problema)
- Exportación a ficheiros de son. Vexa Exportar para máis detalles sobre WAV, OGG e FLAC
- Melloras na importación de MusicXML: recoñece o estilo de texto, os créditos, os metadatos, os silencios de varios compases, os acordes dominantes
- Melloras na exportación a MusicXML: inclúe información acerca da disposición da páxina, os créditos, os metadatos, os silencios de varios compases; arranxáronse os acordes dominantes, a clave de percusión, as marcas de tempo, a anchura dos compases, a orde correcta dos elementos na etiqueta de nota, a octava correcta dos si bemoles
- Melloras na importación de MIDI: recoñece os cambios de armadura e o texto do copyright
- Melloras na exportación a LilyPond: arranxos para as armaduras de si, do e do sostido
- Introduciuse unha preferencia que permite aplicar un ficheiro de estilo personalizado a todas as partituras que se importen
Interface do usuario
- O botón para fechar aparece en cada separador, a semellanza dos navegadores modernos, no canto dun único botón a un lado
- Os atallos por omisión seguen as convencións da plataforma. Por exemplo, Ctrl+Y para desfacer no Windows, Ctrl+Shift+Z para refacer en Debian/Ubuntu
- Introducir unha nota primeira co rato nun pentagrama seleccionado non causa máis un fallo (erro notorio introducido en 0.9.4)
- Engadíronse máis instrumentos ao novo asistente para partituras
- Agora funciona o arrastrar e soltar para a dinámica
- Copiar e apegar os compases tamén inclúe os nomes dos acordes e as letras
- Copiado e apegado dos silencios dun compás
- As notas e os silencios québranse correctamente nas barras de compás ao apegalos
- Modo de entrada de notas
- Agora o cursor avanza cando se introduce un silencio
- As notas fíxanse nas posicións correctas, de xeito que un rato lixeiramente mal colocado non divide máis as notas existentes en duracións menores inesperadas (erro introducido en 0.9.4)
- A tecla de retroceso desfai a última nota engadida
- Os grupos artificiais créanse dun xeito lixeiramente diferente. Vexa grupos artificiais.
- Agora Desfacer funciona co seguinte
- Subir ou baixar unha nota co rato (alteración de altura)
- Alteracións no diálogo Configuración da páxina
- Alteracións no diálogo Modificar o estilo de texto
- Inversión das plicas
- Alteracións nas propiedades das partes e do pentagrama
- Anchear os compases
- Engadiuse a ligadura de expresión á paleta de liñas (antes só estaba dispoñíbel mediante atallos de teclado)
- As respiracións colócanse despois da nota sobre a que se soltan no canto de antes
- As notas que estean fóra da tesitura dun instrumento aparecen en vermello e as notas que só poden tocar os profesionais en amarelo
- → permite saltar a un compás
Notación
- Liñas adicionais
- Liñas máis anchas para coincidir coa práctica de impresión normal
- Os silencios de branca e de redonda da voz 2 teñen liñas adicionais axeitadas
- Evítase tocar outras liñas adicionais cando as notas están próximas
- Anchéase automaticamente para atinxir as cabezas do lado oposto das plicas

- Percusión
- A entrada de notas para batería e percusión é menos propensa a fallos
- As baterías poden incluír notas por riba do pentagrama
- O novo asistente para partituras non engade máis armaduras aos pentagramas de percusión que non teñen altura
- Agora o aliñamento vertical das notas e as ligaduras de expresión nos acordes de redonda seguen as mesmas regras que as notas con plica
- As ligaduras cópianse e apéganse correctamente (erro introducido en 0.9.4)
- Agora as alteracións despois dunha nota con ligadura seguen as regras de notación normais
- Maior control sobre a disposición das notas e as articulacións no diálogo →
- Permítense as notas con puntillo nos grupos artificiais
- Desprazar as notas unha oitava retén a notación da altura (sostidos ou bemoles)
- Nos pentagramas pequenos, as armaduras, as marcas de tempo, as alteracións e a dinámica tamén son pequenas e os silencios colócanse correctamente
- Agora o diálogo de propiedades dos compases ten opcións para "anchear" e "distancia do número do compás"
- A barra para instrumentos con dous pentagramas atravesa os dous pentagramas por omisión
- Os arpexos pódense estender por dous pentagramas

- Os silencios de varios compases ráchanse automaticamente nas voltas, cambios de clave e cambios de tempo
- Pódese cambiar o tamaño predeterminado do pentagrama e as notas mediante a opción de escalado das preferencias
- Dúas claves novas: clave de fa 8va e a clave de fa 15va
- Agora gárdase a visibilidade das plicas das notas e das liñas do pentagrama
- O usuario pode substituír a posición das cabezas (esquerda/dereita da plica). Isto permite a notación de "Griffschrift" de Steirische Harmonika
Texto
- Unha barra especial para modificar o texto facilita alterar o formato dun texto determinado

- Disposición mellorada das opcións de formato no diálogo Modificar o estilo de texto
- Opcións de estilo separadas para as letras impares e pares. Por exemplo, pódese alternar entre o tipo normal e a cursiva en cada estrofa
- Os guións das letras adecúanse mellor ao texto das letras
- As letras, os números dos compases e outros textos importantes mudan de tamaño co pentagrama cando se modifica a escala (mediante → )
- As modificacións do estilo de texto (mediante → ) son visíbeis sen fechar e abrir de novo a partitura
- Agora a dinámica (ou matiz, como mf e pp) muda de tamaño axeitadamente empregando → → Dinámica
- Agora os sostidos e os bemois dos nomes dos acordes mudan de tamaño axeitadamente empregando → → Nomes dos acordes
- Pódense configurar os nomes dos acordes mediante un ficheiro XML externo: styles\chords.xml
- Fonte experimental para jazz para os nomes dos acordes (a fonte está incompleta e faltan varios símbolos)
Engadidos
- Engadidos activados para Debian e Ubuntu por causa de novas funcionalidades en Qt 4.5
- Agora os engadidos poden incluír diálogos creados co Qt Designer
- Engadíronse oito engadidos de exemplo
- Agora pódense desfacer a maioría das accións dos scripts
- Engadiuse unha opción de depuración de scripts ao menú de axuda
- Engadiuse a opción
-p na liña de ordes para lanzar un engadido
Internacionalización
- Oito traducións novas do software: árabe, dinamarqués, finlandés, sueco, noruegués, chinés tradicional, chinés tradicional (Taiwan) e ucraíno. Isto eleva o total a 18 linguas e dialectos
- Agora hai máis texto no MuseScore que se pode traducir (determinadas seccións da interface do usuario estaban só en inglés nas versións anteriores)
- Versións do manual en italiano e noruegués. O manual está dispoñíbel actualmente en nove linguas
Créditos
Programación
- Werner Schweer: líder do proxecto e principal programador
- Nicolas Froment (lasconic): versións para Windows e Mac OS, importación e exportación de MusicXML
- Toby Smithe: versións para Debian e Ubuntu
- Olav Gundersen: exportación a LilyPond
- Leon Vinken: importación e exportación a MusicXML
- Raffaele Russi: importación e exportación a MusicXML
- Joachim Ganseman: versión para Mac OS
Localización
- Árabe
- Chinés, trasdicional
- Chinés, tradicional (Taiwan)
- Dinamarqués
- Holandés
- Finlandés
- Francés
- Jean-Louis Waltener
- Nicolas Froment (lasconic)
- Galego
- Alemán
- Hindi
- Italiano
- Angelo Contardi
- Antonio Marchionne
- Noruegués
- Dag Henning Sørbø
- Per Holje
- Polaco
- Portugués
- José Luciano Batista Gomes
- Portugués do Brasil
- Ruso
- Español
- Carlos Sanchiavedraz
- Macedonious
- Marcos Guglielmetti
- Sueco
- Turco
- Ucraíno
Outros
- Thomas Bonte: Sitio web
- Magnus Johansson: Lista de instrumentos
- David Bolton: Documentación, listas de instrumentos, SoundFont para o Windows