Funcionalidades novas do MuseScore 0.9.6

Funcionalidades novas máis interesantes

  • Preparado para partituras de grupo básicas. Os compases de espera ráchanse automaticamente nos lugares correctos (cambios de tonalidade e tempo, barras dos compases, etc.), o transporte mantén a altura (por exemplo, os mi sostidos xa non se converten en fa despois de cambiar a altura de concerto e volver), a dinámica pode afectar un sistema completo ou un único instrumento ou pentagrama, o texto de repetición e o texto do sistema extráese para todas as partes; hai modelos xa preparados para orquestra e banda.
  • Escolla entre 128 sons de instrumentos para reprodución e oito combinacións de batería e percusión coa fonte de son incorporada (TimGM6mb.sf2). As versión anteriores para Windows e Mac OS empregaban un son de piano para todos os instrumentos e requirían configurar unha fonte de son propia se se quería ouvir sons distintos do piano
  • Admítense os grupos artificiais aniñados e, en xeral, os grupos artificiais teñen un tratamento mellor
    Determinada notación musical require grupos artificiais dentro de grupos artificiais maiores
  • Primeira posibilidade de crear armaduras personalizadas
    O diálogo de armaduras permite crear armaduras microtonais para o maqam turco e outros tipos de música
  • Melloras significativas de MusicXML que permiten compartir ficheiros con outro software de creación de partituras de maneira máis precisa
  • Permítese importar de Overture e ABC e mellorouse significativamente a exportación a LilyPond
  • O gardado automático recupera as partituras cando o aplicativo falla
  • Máis centos doutras melloras... (ver embaixo)

Información importante para quen actualice desde versións anteriores

  • Os ficheiros gravados con 0.9.6 non se abren correctamente na versión 0.9.5 e nas anteriores. Isto débese a modificacións necesarias da estrutura dos ficheiros. A versión 0.9.6 pode, por suposto, ler todos os ficheiros antigos do MuseScore.
  • Para borrar e eliminar un compás seleccione o compás normalmente e escolla EditarEliminar os compases seleccionados ou empregue o atallo Ctrl+Supr (Mac: +Supr ou +Fn+Eliminar). Nas versións anteriores había que empregar unha selección especial punteada. Para máis detalles vexa a sección «Eliminar» de operacións cos compases
  • Para quen goste de mudar de fontes de son, a opción sitúase en MostrarSintetizador e xa non require que se reinicie o aplicativo. Nas versións anteriores as opcións da fonte de son estaban en EditarPreferencias... → lapela E/S. Para máis detalles vexa Fontes de son

Reprodución

  • As reproducións son máis exactas en relación ás voltas, D.S. dentro dunha sección repetida e D.C. al Fine
  • Preferencia de afinación mestra. Pódese configurar a reprodución a unha altura maior ou menor do la 440 padrón
  • Eliminouse o botón de pausa (a funcionalidade equivalente xa está no botón de reprodución)
  • Inclúense os son de todos os instrumentos grazas á fonte de son compacta e de código aberto de Tim Brechbill "TimGM6mb.sf2"
  • Panel de configuración da reprodución novo en MostrarSintetizador, que inclúe reverberación, coro, volume mestre e alteracións da fonte de son sen reiniciar (as versións anteriores requirían reiniciar o MuseScore para mudar de fontes de son)
    Control do volume mestre; fontes de son; afinación; reverberación: tamaño do cuarto, humidade, anchura; coro: tipo, número, velocidade, profundidade
  • Swing, shuffle e oitavas regulares mediante MostrarPanel de reprodución
  • Reprodución mediante MIDI que permite a reprodución mediante un teclado MIDI (funcionalidade experimental, vexa saída de MIDI por JACK) ou reprodución mediante VSTi
  • A introdución de notas co teclado funciona mesmo se se teñen varios dispositivos MIDI ligados ao computador. Seleccione a entrada de MIDI no menú despregábel de EditarPreferencias... → lapela E/S
  • Escoite os sons do teclado MIDI no MuseScore mesmo se non está no modo de entrada de notas (útil se o teclado MIDI non ten altifalantes e desexa tocar un fragmento antes de escribir as notas)
  • Vista do piano roll durante a reprodución. Prema un pentagrama co botón dereito e seleccione "Editor de pianoroll..."
  • Mude a velocidade (volume) dunha nota individual co botón dereito do rato Propiedades da nota...
  • As notas reprodúcense durante a súa duración completa por omisión
  • A dinámica pode afectar o pentagrama ou parte especificada ou todo o sistema completo. Prema co botón dereito do rato unha marca de dinámica e escolla "Propiedades de MIDI..."
    O diálogo pide a velocidade e o ámbito
  • As marcas de sostido de pedal afectan a reprodución
  • Os arpexos superiores afectan a reprodución

Interface do usuario

Aforre tempo

  • Melloras no asistente para partituras novas: atope instrumentos rapidamente (inicialmente mostra só os instrumentos máis frecuentes), en menos pasos (pódese premer Rematar antes no canto de ter que pasar por todo o asistente completo).
  • Aplique modificacións a varias notas ao mesmo tempo:
    • mediante NotasEngadir un intervalo
    • Notas pequenas para cues ou cadenzas
    • Propiedades de calquera nota
  • Maneiras novas de seleccionar elementos semellantes premendo co botón dereito do rato e escollendo Seleccionar
    O novo diálogo de selección ofrece unha selección de elementos semellantes no pentagrama, partitura, voz e moitas outras posibilidades
  • O copiado e apegado de notas inclúe agora as ligaduras
  • O copiado e apegado entre instrumentos transpositores mantén a altura do son no canto da altura da que se mostra
  • Mude un instrumento dun pentagrama existente na metade de toques que nas versións anteriores. Prema unha parte baleira da partitura co botón dereito do rato, escolla Propiedades do pentagrama... prema "Mudar de instrumento" (na actualidade aínda ten erros: faltan os sostidos, estilo da fonte, chave)
  • Duplique unha selección de notas mediante o cómodo atallo R
  • Novos atallos de teclado
    • Alternar entre os manipuladores das ligaduras, liñas e corchetes no modo de edición Tab e Maiúsculas+Tab
    • Engadir texto ao pentagramaCtrl+T (Mac: +T)
    • Engadir texto ao sistema Ctrl+Maiúsculas+T (Mac: +Maiúsculas+T)
    • Sílaba anterior da letra: Ctrl+Esquerda (Mac: +Esquerda)
    • Sílaba seguinte da letra: Ctrl+Dereita (Mac: +Dereita)
    • Subir de estrofa: Arriba
    • Baixar de estrofa: Abaixo
    • Devolver a liña de compás dobre ou de repetición á forma normal: Prema para seleccionar e prema Supr

Facilidade de uso

  • Borre e elimine compases coa selección normal e a seguir escolla EditarEliminar os compases seleccionados ou empregue o atallo Ctrl+Supr (Mac: +Supr). Non hai que facer xa Ctrl e premer seleccións punteadas
  • Agora é posíbel seleccionar o texto co rato no modo de edición. Tamén Ctrl+A (Mac: +A) funciona no modo de edición de texto
  • A área de arrastre para as marcas de tempo e as armaduras é máis grande. Nas versións anteriores había que arrastrar e soltar nun espazo pequeniño entre a liña esquerda da barra e a primeira nota.
  • As notas que saen da tesitura empregan tons de vermello e amaralo máis escuros e son máis lexíbeis. As notas das voces 2 a 4 son tamén máis escuras.
  • Diminúa pola metade ou dobre a duración dunha nota recén introducida con q ou w durante a introdución de notas.
  • Os botóns das alteracións na barra de ferramentas de entrada funcionan correctamente (nas versións anteriores os botóns ficadaban premidos cando se pasaba á nota seguinte
  • Engada unha ligadura or crescendo que se prolonge durante varias notas de maneira doada. Simplemente seleccione as notas e prema o atallo (Spara as ligaduras, H para os crescendo, Maiúsculas+Hpara decrescendo). Non hai que andar coas posicións da áncora.
  • A paleta Notas anterior coñécese agora correctamente como paleta de Notas de adorno
  • As iconas do dobre puntillo e a ligadura de expresión da barra de ferramentas de entrada de notas son agora máis claras e máis recoñecíbeis
  • Mensaxes de erro mellores cando non se dá cargado a fonte de son
  • Melloras no texto da páxina EstiloModificar o estilo xeral
  • Comprobación automática de actualizacións. personalice as súas preferencias no separador ModificarPreferencias...Actualizacións

Máis control

  • Pódense desactivar as cores das notas que fiquen fóra da tesitura na lapela EditarPreferencias...Entrada de notas
  • Modificación da tesitura dun instrumento. Prema co botón dereito unha parte baleira do pentagrama e escolla Propiedades do pentagrama...
  • Lembra se a xanela principal estaba maximizada e restaura a configuración anterior
  • Ao axustar as alturas, a frecha Arriba emprega sostidos e a fecha Abaixo emprega bemoles
  • Opcións de pantalla partida via MostrarDocumentos un a par do outro ou MostrarDocumentos amoreados
  • O panel do navegador mostra máis páxinas (especialmente útil para partituras longas)

Notación

  • Grupos artificiais aniñados
  • As marcas dos grupos artificiais pódense revirar para o lado oposto seleccionándoas e premendo X
  • Os grupos artificiais calculan as duracións correctas das notas baseándose nas regras ordinarias
  • Permítese ligar grupos artificiais con outras notas
  • Permítese ligar entre ligaturas (lembre: as ligaturas entre sistemas aínda non funcionan)
  • Ligaturas máis pequenas para as notas de adorno (que se axeitan ao seu tamaño)
  • Compases de espera completos. Agora québranse automaticamente nas marcas de ensaio, nos cambios de tempo e de compás, nos cambios de clave, nas barras dobres e nas barras de repetición.
  • Números de compás: as anacrusas das partituras novas non se inclúen na contaxe de compases, solucionouse a corrección do número e o recupérase correctamente o número despois dos compases de espera
  • Símbolos novos, que inclúen cesuras, ligaduras de expresión punteadas, alteracións con frechas e fermatas (calderóns) alternativas
  • Todas as alteracións poden ter parénteses: arrastre os parénteses desde a paleta de alteracións até a alternación na partitura
  • Nova chave vertical na paleta arpexos para indicar notas que se supón que se tocan ao mesmo tempo, así como máis opcións para a cabeza das notas
  • Repeticións "con curvas"
    As barras de repetición poden ter extremos que se estendan por fóra do pentagrama
  • Agora, as barras de repetición pódense estender entre varios pentagramas correctamente. As versións anteriores mostraban puntos só para o primeiro pentagrama
  • Pódense engadir saltos de liña ás molduras horizontais
  • Os cambios de clave pódense recolocar horizontalmente. Prema dúas veces e empregue as frechas Esquerda e Dereita
  • Mellor espaciamento para as notas con puntillo para evitar colisións coa nota ou silencio seguintes
  • Transposición coa altura correcta. As versións anteriores mostraban moitas veces as alturas incorrectamente despois de transpoñer. Isto era moi evidente para quen alternataba entre partituras en do de concerto e transpostas. Por exemplo, un Mi sostido nunha partitura para trompeta en Si bemol convertíanse nun Fa natural nas versións antigas do MuseScore ao premer o botón de Do de concerto dúas veces
  • Armaduras de cortesía
    Mostrar a armadura ao final dun sistema se o compás seguinte comeza nunha tonalidade nova
  • Engadir marcas de tempo na metade da partitura xa non anula as modificacións posteriores (#2927)
  • As marcas de tempo fican no principio da partitura se se elimina o primeiro compás
  • Mostrar só unha alteración para dúas notas que compartan a mesma cabeza
  • As cabezas pódense mudar con botón dereito Propiedades da nota...
  • As notas de adorno transpórtanse xunto coas notas normais

Texto

  • Mudar o estilo de toda a letra existente ou doutros tipos de texto coa opción «mudar todos os elementos do mesmo tipo» no diálogo de propiedades do texto
  • As propiedades do texto están dispoñíbeis para os nomes dos acordos premendo co botón dereito
  • O símbolo de natural aparece na paleta F2 (as versións anteriores só tiñan o sostido e o bemol)
  • Espaciamento máis estreito e mellor kerning para o "f" nas marcas de dinámica, como mf, ff, etc.
  • Engadíronse máis números ao tipo de letra MuseJazz
  • A partitura xa non salta para riba e para baixo ao saír ou entrar no modo de edicion de texto. A barra de ferramentas de texto está agora no fondo da xanela principal no canto de na parte superior
  • O texto do tempo ten opcións iniciais de metrónomo mellores para cada tempo

Engadidos

  • A infraestrutura de engadidos está moi mellorada
  • Agora pódense enviar engadidos a musescore.org e estes aparecen na páxina de engadidos
  • Importación de ficheiros de música ABC mediante EngadidosImportación de ABC
  • Quebrar os compases a un intervalo indicado mediante EngadidosQuebrar cada X compases
  • Mudar mediante EngadidosAfinación de temperamento

Ficheiros

  • Gravado automático recupera as partituras no caso dun fallo do sofware ou eléctrico
  • Exportación a audio: respecta as opcións dos instrumentos do misturador
  • Melloras en MusicXML: engadiuse a posibilidade de numerar os pentagramas, notas e silencios invisíbeis, percusión sen altura, marcas de tempo e metrónomo, arpexo e glissando, marcas de respiración, notas de adorno, trinos, alteracións de cuarto de ton, barras sobre silencios e outras personalizacións das barras, dixitación en cordas e marcas de rasgueo, importación de sons de instrumentos, importación da colocación vertical da dinámica, marcas de pedal e crescendo e decrescendo, oitava e volta, importación de tipos de letra e colocación vertical de palabras, exportación da colocación correcta do texto do pentegrama en sistemas de varios pentagramas, solución de problemas coas marcas das oitavas e os silencios, información da transposición de instrumentos e símbolos de pedal
  • Exportación a LilyPond: Marcas de oitava, texto do pentagrama con caracteres especiais, tremolo, segno e coda, notas de adorno, compases de espera en varios compases, repeticións, marcas de metrónomo, dixitación e números de corda, arpexos e glissandos, anacrusas, fermatas sobre os silencios, texto de pentagrama e dinámica na mesma nota, símbolo de sostido nos nomes de instrumentos, tresillos con acordes, traballo nas marcas de ensaio e símbolos de segno e coda, traballo inicial coas letras
  • Importación do Capella: arranxo de falla, recoñecer compases de espera
  • Novo: importación de ficheiros do Overture (versións 3 e 4)

Internationalización

  • Todos os nomes dos elementos se poden traducir agora mesmo, excepto os engadiso (anteriormente algunhas paletas estaban só en inglés)
  • Linguas novas: polaco, romanés, catalán, grego, xaponés, tailandés
  • Engadíronse manuais novos: ruso, portugués do Brasil, polaco, romanés, húngaro, noruegués, grego, chinés simplificado

Solucións a erros específicos do Mac

  • Ctrl+clic funciona como alternativa ao botón dereito no Mac
  • As marcas de dinámica móstranse correctamente no Mac
  • Os sostidos e bemoles nos nomes dos acordes móstranse correctamente no Mac
  • Mellores atallos para Paleta, Navegador, Panel de reprodución e Misturador. As versións anteriores empregaban as teclas de función (F9 - F12), que xa tiñan uso no Mac OS

Solución a erros específicos do Windows

  • O texto xa non aparece minúsculo se non hai ningunha impresora instalada

Créditos

Programación

  • Werner Schweer: Líder do proxecto e programador principal
  • Nicolas Froment (lasconic): Construcións para o Windows e o Mac OS builds, solución de erros
  • Toby Smithe: construcións para Debian e Ubuntu
  • Olav Gundersen: Exportación ao LilyPond
  • Leon Vinken: Importación e exportación a MusicXML
  • Van Ferry: Importación do Ove
  • Jason Essington: Melloras na entrada de MIDI
  • Aaron Epstein: Melloras na reprodución

Localización

  • Árabe
    • Hosam Adeeb Nashed
  • Chinés tradicional
    • Ying-Da Lee
  • Chinés tradicional (Taiwan)
    • benice
  • Chinés simplificado
    • Van Ferry
  • Dinamarqués
    • Morten Poulsen
    • Stig Wolff
  • Holandés
    • Jaap Plaisier
    • Thomas Bonte
  • Inglés norteamericano
    • Raymond May Jr.
  • Finlandés
    • Heino Keränen
  • Francés
    • Jean-Louis Waltener
    • Nicolas Froment (lasconic)
  • Galego
    • Xosé
  • Grego
    • Ionian University, Department of Music (As. Prof. Pan. Vlangopoulos, As. Prof. Ioannis Toulis, Niki Stavrati, Petros Andriotis)
  • Alemán
    • Werner Schweer
  • Hindi
    • Shashi Sharma
  • Húngaro
    • molnarm
    • drikanb
    • thSoft
  • Italiano
    • Angelo Contardi
    • Antonio Marchionne
    • Daniele Bravi
  • Xaponés
    • Neco
    • kimikazu
    • kojikoji
  • Noruegués
    • Dag Henning Sørbø
    • Per Holje
  • Polaco
    • Piotr Komorowski
  • Portugués
    • José Luciano Batista Gomes
  • Portugués do Brasil
    • israel_zeu
    • Vítor Dassie
  • Romanés
    • Claudius Tiberiu iacob
  • Ruso
    • Alexandre Prokoudine
  • Español
    • Carlos Sanchiavedraz
    • Juan Díaz Porras (alkayata)
    • Pascual Marchante Lande (Mitocondria)
  • Macedonio
    • Marcos Guglielmetti
  • Sueco
    • Magnus Johansson
  • Tailandés
    • punbit
  • Turco
    • Halil Kirazli
  • Ucraíno
    • Serhij Dubyk

Outros

  • David Bolton: Manual
  • Thomas Bonte: Sitio web
  • Maurizio M. Gavioli (Miwarre): Documentación dos engadidos
  • Katie Wardrobe: Titoriais en vídeo
  • Tim Brechbill: SoundFont
  • Raùl Posac: Logotipo do MuseScore
  • Zachary Chione: Deseño da pantalla de inicio