Xa está disponíbel o MuseScore 0.9.4
Xa está disponíbel o MuseScore 0.9.4 en http://musescore.org/gl/descarga.
Funcionalidades novas máis interesantes: melloras na selección, copiado e apegado das notas, desprazamento automático durante a reprodución, máis linguas, melloras na entrada de percursión, posibilidade de teclado MIDI no Windows (no Linux xa se podía) e uns 30 erros arranxados.
Reprodución
- Desprazamento automático durante a reprodución
- Duración das notas aumentada durante a reprodución para que as notas normais xa non soen como medio staccato
- Fragmento MIDI de Promenade (MuseScore 0.9.4)
- Fragmento MIDI de Promenade (MuseScore 0.9.3)
- Cando a reprodución chega ao remate da peza, volve automaticamente ao comezo para así estar preparada para a próxima vez que se reproduza esa peza.
- As anotacións de arpeggio afectan a reprodución
- Posibilidade de pizzicato e tremolo cos instrumentos de corda e mudo coa trompeta
Notación
- Posibilidade de notas de duración máis longa, incluídas as cadradas e as longas
- As direccións das plicas axústanse automaticamente nos compases de varias voces
- Moitos arranxos nos grupos artificiais relacionados cos acordes, as alteracións, a eliminación e as chaves editábeis
- Máis alteracións pensadas para a música makam turca
- Partituras para banda
- Posibilidade de acochar os pentagramas baleiros
- Posibilidade primitiva de silencios de varios compases

- Modelos novos para corais e himnos
- Melloras nas partes creadas a partir dunha partitura completa incluídos arranxos na reprodución, ligaduras de expresións, texto do tempo
- Específicas de instrumentos
- Paleta especial de percursión para permitir empregar o rato para anotar a percusión
- Instrumentos e voces novos, incluídos a voz de alto, a frauta, a corneta e o fliscorno
- Mellora na notación da guitarra clásica, incluídos os números de dixitación en círculos
- Posibilidade de notación de acordes para guitarra

- Claves novas, incluída a clave de violino francés e a clave de do en quinta e arranxos na clave de do en cuarta
- Máis opcións para as marcas do pedal do piano
- Disposición
- A distancia entre os pentagramas pódese axustar dentro dos sistemas individuais mediante o novo espaciador de pentagramas

- Melloras na colocación das ligaduras iniciais
- Pódese axustar posición vertical dos silencios.
- As segundas e unísonos de varias voces xa non chocan cando non o deben facer
- Pódense modificar a altura e a inclinación das barras de unión
- Arranxouse a unión errónea no tempo 4/4 entre a segunda e a terceira notas
- Arranxouse a dirección errónea das unións partidas
- Pódense mover as chaves para a esquerda ou para a dereita
- A distancia entre os pentagramas pódese axustar dentro dos sistemas individuais mediante o novo espaciador de pentagramas
Texto
- Copie e apegue facilmente o texto das letras na partitura de palabra en palabra. No modo Letras o MuseScore só apega a primeira palabra, elimina esa palabra do portarretallos e move o texto do cursor para a nota seguinte.
- Os trazos nas letras móstranse agora con lonxitude normal
- Conversión automática das fraccións simples e do símbolo de copyright. Por exemplo, "1/2" aparece como "½" e "(C)" como "©"
- Os bemois e os sostidos móstranse correctamente nos nomes dos acordes. Por exemplo, "b" aparece como "♭" e "#" aparece como "♯"
- Cando se escriben as letras ou os nomes dos acordes, a partitira móvese automaticamente para que a zona na que se escriba fique na pantalla
- Se a paleta de texto\paleta de texto ocupa a área na que se escribe, pódese sacar de diante. Nas versións anteriores era inamovíbel
- As modificacións do estilo do texto xa non requiren que se feche e se abra de novo a partitura para velas
Interface do usuario
- Copiado e apegado de compases parciais e seleccións e seleccións tipo "lazo" (Maiúsculas+arrastrar)
- Ao copiar unha selección de música agora inclúense os nomes dos acordes, as letras e
- Arranxáronse problemas cos tipos de letra que facían que o MuseScore deixase de funcionar nalgunhas máquinas Windows
- As mensaxes das iconas mostran os atallos de teclado entre parénteses

- Desfacer funciona agora coas ligaduras e os intervalos
- A lista de ficheiros abertos recentemente do menú Ficheiro é agora máis fiábel
- Pasar ao separador seguinte ou ao anterior con Ctrl+Tab e Ctrl+Maiúsculas+Tab
- O usuario pode configurar e modificar a paleta
- Nova opción de inicio: comezar sen partitura
- É posíbel o esquema de cores invertidas (elementos da partitura en branco sobre un fondo negro)
- Pódense engadir imaxes (PNG ou JPG) á partitura e gardalas nun ficheiro .MSCZ. Para engadir unha imaxe, arrastre un ficheiro de imaxe para encima da partitura.
Internacionalización
- A version 0.9.4 engade as traducións ao holandés, o galego, o turco, o portugués do Brasil e o hindi da interface, co que se eleva o número a un total de 12 linguas.
- O manual da versión anterior viña en tres linguas (inglés, alemán e castelán). A versión anterior engade as traducións ao francés, o holandés e o galego.
- Posibilidade de mudar o tamaño do papel por omisión de A4 a carta americana ou outro tamaño de papel. Nas versións anteriores había que mudar manualmente o tamaño do papel de cada partitura nova.
Importación e exportación
- As melloras na importación de MusicXML inclúen os nomes dos acordes, a chave da percusión, o cambio de octava, reinterpretacións, nomes das partes, distancia das liñas divisorias e transposición
- As melloras na exportación a MusicXML inclúen as ligaduras, as extensións das letras, a orde correcta dos nomes dos acordes e os nomes de ficheiro Unicode
- As melloras na exportación a Lilypond inclúen a separación de voces para editar mellor a man, posibilidade de ligaduras, anacrusas, compases incompletos, tresillos, correccións de octava, barras das notas de adorno e chaves sinxelas
- Nova importación de Capella, experimental
- A importación de MIDI inclúe a posibilidade de ficheiros sen marca de tempo e xa non crea máis compases innecesarios
- A exportación a PDF funciona agora con tamaños de páxina personalizados
Outros
- Manuais novos en PDF completos con imaxes. Nas versións anteriores o manual local non tiña imaxes e era difícil procurar nel.
- Arranxáronse uns 30 erros graves durante o ciclo de desenvolvemento da versión 0.9.4
Para a lista completa das modificacións vexa o Rexistro de modificacións
Créditos
Programación
- Werner Schweer: Coordenador do proxecto e programador principal
- Seth Yastrov: Programador
- Lasconic: Versións para o Windows, importación e exportación a MusicXML
- Toby Smithe: Versións para Ubuntu
- Olav Gundersen: Exportación a LilyPond
- Leon Vinken: Importación e exportación a MusicXML
Localización
- Checo
- Tomas Valusek
- Holandés
- Jaap Plaisier
- Francés
- Lasconio
- Jean-Louis Waltener
- Galego
- Xosé Calvo
- Alemán
- Werner Schweer
- Hindi
- bvgr
- Italiano
- Angelo Contardi
- Antonio Marchionne
- Portugués do Brasil
- israel_zeu
- Ruso
- Alexandre Prokoudine
- Español
- Carlos Sanchiavedraz
- Macedonious
- Marcos Guglielmetti
- Turco
- Halil Kirazlı
Outros
- Thomas Bonte: Sitio web
- David Bolton: Documentación