MuseScore 2.0 publicado!

Mar 26, 2015 - 16:25

Comprácenos anunciar a dispoñibilidade da versión 2.0 do MuseScore. Esta versión representa a culminación de máis de catro anos de desenvolvemento que inclúen as achegas técnicas de máis de 400 persoas e as opinións de centos de usuarios, o que fan deste o mellor programa libre de código aberto de notación musical do mundo.
Announce2.png

Descargue o MuseScore 2.0

Que novidades hai

O MuseScore 2.0 representa un salto adiante tremendo en practicamente todos os aspectos posíbeis sobre a versión anterior, MuseScore 1.3. Para unha listaxe máis completa das funcionalidades novas, vexa Novidades do MuseScore 2 e as notas de publicación . Algúns dos destaques inclúen:

  • Particellas ligadas
  • Tabulaturas
  • Vista continua
  • Estilos de texto dinámicos
  • Símbolos de acordes flexíbeis
  • Diagramas de trastes
  • Melloras na disposición
  • Melloras na reprodución
  • Melloras na importación de MIDI
  • Melloras de usabilidade

Comparta as súas partituras na rede

O MuseScore 2.0 permite gardar as partituras directamente en MuseScore.com con maior facilidade. É posíbel ver as partituras feitas con MuseScore 2.0 empregando os nosos aplicativos para móbiles. Os aplicativos para Android xa admiten o formato de MuseScore 2.0. Os aplicativos para iOS hano facer pronto.

Compatibilidade

Cunha lista de funcionalidades novas tan grande seguro que se pregunta se será aínda posíbel atopar onde están as cousas. A boa noticia é que o certo é que a maioría das cousas no MuseScore 2.0 son semellantes e funcionan aproximadamente igual a como o fixeron sempre - só que mellor. As partituras creadas coas versións 1.3 e anteriores deberíanse poder cargar no MuseScore 2.0 sen problemas. Na maioría dos casos terán a mesma aparencia ou mellor debido ás melloras na disposición. Debido á cantidade de cambios internos, pode que nalgúns casos haxa que repasar algúns axustes manuais que se fixesen anteriormente. O único que hai que ter en conta é o seguinte: as partituras creadas ou gardadas a partir de MuseScore 2.0 non se han poder abrir coas versións anteriores. Isto é inevitábel cando os cambios son tan importantes. Se desexa editar unha partitura de MuseScore 2.0 cunha versión anterior do MuseScore teráa que importar a MusicXML .

Seguimento e axuda

Mantéñase á última nas noticias sobre o MuseScore mediante o the boletín, Facebook, Twitter e Google+. Se quixera axudar o MuseScore, sempre pode facer unha doazón para que poidamos manter o servidor que alberga o sitio musescore.org xunto coa comunidade do MuseScore. Mais, sobre todo, sempre pode axudar o MuseScore comentando e compartindo o MuseScore coas súas amizades e familia!