Publicouse o MuseScore 1.0

Feb 6, 2011 - 20:21

É con orgullo que presentamos o MuseScore 1.0, a nosa versión mellor é máis estábel. O MuseScore 1.0 é un produto do software libre dispoñíbel para Windows, Mac e Linux e traducido a 35 linguas. É a solución ideal para crear partituras ben deseñadas.

Descargue o MuseScore 1.0

Lea as notas da edición para ver o que hai de novo.

musescore-1.0.jpg

Ollando para atrás

Este último ano resultou ser un ano de cambios para o MuseScore. Non só ultrapasou 1 millón de descargas desde que fora concecido, senón que tamén triplicou o número de descargas mensuais no último cuarto de 2010. Atribuímos este incremento ao aumento do uso do MuseScore na educación musical en todo o mundo.

Triplo de descargas do MuseScore en 2010

E agora que?

Ao mesmo tempo que o MuseScore 1.0 inicia a súa vida, ollemos tamén para o que nos agarda nas versións futuras. O equipo de desenvolvemento xa está dedicado a preparar a próxima edición grande do MuseScore. Os desenvolvementos importantes inclúen o traballo inicial na notación para tablaturas para instrumentos con trastes como a guitarra e o laúde e partes ligadas para a música de conxuntos que sincronice automaticamente as notas entre a partitura completa e as partes extraídas cando se modifiquen. Se ten gañas de ver os últimos desenvolvementos de primeira man, probe coas construcións nocturas.

Paralelamente ao desenvolvemento do MuseScore, quixéramos tamén mencionar unha nova opción para traer as súas partituras á web e aos dispositivos móbiles (vexa as favoritas actuais para unha selección de partituras que xa están na web). Este é un proxecto comercial en marcha hospedado en MuseScore.com. Os fondos obtidos con MuseScore.com contribuirán co desenvolvemento futuro do editor de notación musical libre e de código aberto que tanto nos acabou gustando: MuseScore.

Pode seguir o MuseScore en Twitter ou Facebook para estar á última dos desenvolvementos futuros. Se desexa contribuír ao MuseScore, pódeo facer mediante unha doazón.

Grazas a todos/asl!

O que comezou hai oito anos como proxecto de lecer de Werner Schweer converteuse agora nunha comunidade de máis de 150 colaboradores. É grazas á paixón, tempo e dedicación de todos os desenvolvedores, tradutores, autores de documentación, deseñadores e outras persoas que axudan no foro, que o MuseScore 1.0 está agora dispoñíbel para o mundo.