Publicouse a versión 1.3 do MuseScore

Maio 4, 2013 - 12:47

Estamos mois felices de anunciar a publicación do MuseScore 1.3. É a mellor edición e a máis estábel até o momento e arranxa varios fallos críticos, incluído un que resultaba na distorsión na reprodución do son para moitos usuarios. Agora o MuseScore tamén está dispoñíbel como paquete MSI, o que facilita a instalación en varias máquinas con Windows de vez - ideal para a administradores de sistemas e redes educativas.

Descargue o MuseScore 1.3

Lea as Notas sobre a versión 1.3 do MuseScore.

MuseScore 1.3

Unha ollada ao futuro

Cando se publica unha nova versión un pode ter curiosidade xa polo que vai vir a continuación - mais ollemos primeiro para tras.

Publicamos MuseScore 1.2 hai menos dun ano. Desde aquela, a versión 1.2 tense descargado máis de 1,5 millóns de veces en máis de 200 países. Escoitamos de moitas fontes que o MuseScore, aos poucos, vaise convertendo nun nome coñecido dentro do que é a educación musical en todo o mundo. Lembre que hai menos de cinco anos abrimos musescore.org para crear un fogar para a comunidade do MuseScore. O éxito do MuseScore hoxe en día débese a todos os que contribuíron ao MuseScore e o publicitaron entre as súas amizades e colegas. Non hai palabras que cheguen: Grazas a todos!!

E logo, que nos agarda por diante? Pois ben, a próxima versión do MuseScore será a 2.0. Se lle apetece saber que funcionalidades novas vai traer, bote unha ollada á folla de ruta para o 2.0. Convidamos a quen queira a sumarse a probar as novas funcionalidades e darnos a súa opinión no foro de Technology Preview. Cantas máis opinións reciban os desenvolvedores do MuseScore, máis rápido se poderá publicar MuseScore 2.0. Todas/os están convidados a participar, desde principiantes até usuarios expertos.

Seguimento e axuda

Siga todas as noticias sobre o MuseScore a través do boletín, Facebook, Twitter e Google+. Se desexa axudar o MuseScore, pode enviar unha doazón para que podamos ampliar o servidor que alberga o sitio musescore.org xunto coa comunidade do MuseScore. Mais, por riba de todo, pode axudar o MuseScore falando sobre el e compartindo o MuseScore coas súas amizades e familia!