Filtros de páxinas de libroBook page filters

Atjaunināts pirms 1 year

Filtro na liña [ inline: ]

Pódese ligar a ficheiros enviados co nodo actual empregando etiquetas especiais. As etiquetas serán substituídas polos ficheiros correspondentes. Por exemplo: Supoñamos que enviamos tres ficheiros (nesta orde):

  • imaxe1.png (referido como ficheiro nº1)
  • ficheiro1.pdf (referido como ficheiro nº2)
  • imaxe2.png ((referido como ficheiro nº3)

NOT FOUND: 1 ou NOT FOUND: imaxe1.png será substituído por <img src=imaxe1.png alt=test>
NOT FOUND: 1 ou NOT FOUND: imaxe1.png será substituído por <a href=imaxe1.png>test</a>
NOT FOUND: 2 ou NOT FOUND: file1.pdf será substituído por <a href=ficheiro1.pdf.png>test</a>

Filtro de ligazóns libres [ [ ] ]

O filtro de ligazóns libres examina o corpo das páxinas de libro procurando palabras ou frases incluídas entre corchetes [[nodetitle:como aquí]] . Pódense premer estas palabras e ir así á páxina de libro que ten esas palabras como título. De non existir, a ligazón tentará crear a páxina de libro e mostrar o formulario de creación da páxina, co título xa posto. Se o usuario non ten permiso para crear unha páxina de libro, a ligazón envía a unha páxina cos resultados dunha procura que coincida coas palabras.

Para alén destes estilos simples de ligazón, o filtro de ligazóns libres tamén permite unha sintaxe expandida mediante o método dos corchetes duplos. As ligazóns libres que conteñan unha barra (a tubería, "|") ligan cun texto diferente. Por exemplo, [[nodetitle:isto é o que se mostra|este é o destino]] liga o texto "isto é o que se mostra" cun contido titulado "este é o destino" ou, se non existe, creará a páxina de contido con "este é o destino" como título.

As ligazóns libres con corchetes duplos poden conter tamén URL que comecen por http://. Polo tanto, son aceptábeis as ligazóns como esta: Freelinking: Unknown plugin indicator , así como esta: //www.drupal.org , que mostra e liga co URL no corpo.