Como comunicar un erro ou pedir axuda

Updated 9 years ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see How to ask for support or file bug reports

Antes de enviar a solicitude de axuda:

  • POR FAVOR, tente atopar a solución nun foro de axuda. Empregue a función procurar.
  • Tente atopar a solución no manual do usuario.
  • Se recibe unha mensaxe de erro comprobe a lista de mensaxes de erro frecuentes.
  • Se quere publicar un informe de erros, tente primeiro reproducir o problema coa versión previa máis recente. Tamén pode ollar o historial de revisións para comprobar se xa se arranxou.

Ao publicar a súa solicitude de axuda ou informar dun erro, inclúa, por favor, toda a información seguinte que coñeza:

  • A versión do MuseScore que está a utilizar (p.ex., versión 1.0) ou o número da revisión se está a empregar unha versión previa (p.ex. revisión 3996)
  • O sistema operativo no que o está a executar (p.ex. Windows Vista, Windows 7, Mac OS 10.6 ou Ubuntu 10.10)
  • Reduza os informes no seguidor de erros a un erro por informe
  • Lembre que o obxectivo dun informe de erros non é só mostrar o erro senón axudar a que os demais poidan reproducir o erro facilmente