Descrición do produto MuseScore

Updated 1 year ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Descrición do produto MuseScore.

Palabras chave

música, notación, software, libre, código aberto, creación, composición, arranxos, partituras, creador de partituras, sibelius, finale, capella, midi, musicxml, impresión, imprimir, reprodución

Descrición en 45 caracteres

Cree, escoite e imprima partituras gratis

Descrición en 80 caracteres

Cree, reproduza e imprima partituras con software libre de notación musical

Descrición en 250 caracteres

Cree, reproduza e imprima partituras gratis. O MuseScore é un aplicativo de notación musical multiplataforma, multilingüe e de código aberto. Dispón dun editor WYSIWYG doado con reprodución sonora e resultados fermosos.

Descrición en 450 caracteres

Cree, reproduza e imprima partituras gratis. O MuseScore é un aplicativo de notación musical multiplataforma, multilingüe e de código aberto. Dispón dun editor WYSIWYG doado con reprodución sonora e resultados fermosos. Admite pentagramas ilimitados de até catro voces cada un, dinámica, articulacións, letras, acordes, anotación para partituras básicas, importación/exportación a MIDI e MusicXML, exportación a PDF e WA e publicación en liña.

Descrición en 2000 caracteres

Cree, reproduza e imprima partituras gratis. O MuseScore é un aplicativo de notación musical de código aberto que funciona en Windows, MacOS e Linux e está dispoñíbel en máis de trinta linguas diferentes. Dispón dun editor WYSIWYG doado con reprodutor de son para resultados visuais e sonoros fermosos que rivaliza con produtos comerciais como o Finale e o Sibelius.

As funcións que ofrece o MuseScore inclúen:

Tamaño ilimitado da partitura
Número ilimitado de pentagramas por sistema
Até catro voces independentes por pentagrama
Asistentes e modelos para crear partituras
Extracción automática de partes e transposición
Repeticións, incluídos segnos, codas e compases de espera
Dinámica, articulación e outras marcas de expresión, pudendo reproducir a maioría
Marcas de texto personalizadas
Letras
Símbolos dos acordes
Notación de jazz, incluíndo partituras básicas, notación raiado e tipo de letra «a man»
Reprodución aleatoria
Misturador con niveis de instrumentos e efectos
Notación da percusión
Chaves entre os pentagramas
Importación de gráficos
Armaduras personalizadas
Marcas de tempo aditivas
Estilos de partitura definidos polo usuario

A maioría dos elementos do MuseScore dispóñense automaticamente, mais tamén se poden colocar á man. Pódense estender as capacidades do MuseScore con engadidos e o repositorio en aumento de musescore.org contén moitos enviados polos usuarios.

O MuseScore inclúe un conxunto de sons que reproducen instrumentos frecuentes (definidos por General MIDI) sen ocupar moito espazo ou memoria, que se pode substituír por calquera fonte de son que se prefira para maior variedade ou realismo.

O MuseScore pode importar e exportar ficheiros MIDI e MusicXML, así como importar do Capella e doutros programas. O MuseScore pode importar a PDF, PNG e outros formatos gráficos, a WAV e outros formatos de audio ou a Lilypond para opcións de impresión e disposición alternativos.

O MuseScore pode enviar partituras directamente ao sitio para compartir musescore.com. Ofrécese axuda en musescore.org.