Instalación

Updated 7 years ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Installation

O MuseScore funciona en moitos sistemas informáticos, incluídos Windows, Mac OS e Linux.

Windows

O instalador para o Windows atópase na páxina de descargas deste sitio web. Prema a ligazón para comezar a transferilo. O navegador web pedirá confirmación de que se quere transferir este ficheiro. Escolla «Gardar o ficheiro».

Ao rematar a transferencia, prema o ficheiro dúas veces para que comece a instalación. Pode que o Windows abra unha xanela de seguranza e pida confirmación antes de executalo. Prema «Executar» para continuar.

install-wizard-1-winxp.png

O instalador recomenda que se fechen todos os demais aplicativos antes de continuar. Unha vez fechados, prema «Seguinte» para continuar.

O asistente da instalación mostra os termos da licenza de software libre, que pode ler. Prema «Estou de acordo» para continuar.

A seguir, confirme o sitio no que se ha de instalar o MuseScore. Se está a instalar unha versión do MuseScore máis recente mais prefire manter a versión antiga no computador, haberá que mudar de cartafol. De non ser así, prema «Seguinte» para continuar.

A seguir, confirme o nome do cartafol de MuseScore que aparece na lista de programas do menú Inicio do Windows. Prema «Instalar» para continuar.

Agarde uns minutos mentres o asistente instala os ficheiros e configuracións precisos. Ao finalizar prema «Rematar» para saír do instalador. Se o desexa, pode eliminar o ficheiro de instalación que descargou.

install-wizard-finish-winxp.png

Iniciar o MuseScore

Para executar o MuseScore escolla InicioTodos os ProgramasMuseScore 0.9MuseScore.

O MuseScore ábrese ao cabo duns segundos mostrando a partitura de demostración. Experimente con ela e familiarícese co programa. Despois pode Crear unha partitura nova .

screenshot-demo-score.png

Usuarios avanzados: Instalación silenciosa ou non presencial

Pódese instalar o MuseScore silenciosamente coa orde seguinte
MuseScore-1.1.exe /S
/D=C:\Program Files\MuseScore

Pódese desinstalar con
cd C:\Program Files\MuseScore
Uninstall.exe /S

MacOSX

Instalación

O ficheiro dmg para Mac atópase na páxina de Descargas do sitio web do MuseScore. Prema a ligazón para iniciar a descarga. Cando esta remate, o ficheiro dmg móntase automaticamente no escritorio como «MuseScore-0.9.6» e aparece o Instalador.

install_mac_0963.png

Arrastre a icona do MuseScore e sóltea sobre a icona do cartafol Aplicativos. Se non iniciou a sesión como administrador o MacOSX pide un contrasinal: prema «Autenticar» e introduza o seu contrasinal para que o Mac OS X copie o MuseScore no cartafol de aplicativos.
Xa pode iniciar o MuseScore desde Aplicativos ou SpotLight.

Desinstalación

Simplemente elimine o MuseScore do cartafol Aplicativos.

Linux

Consulte a páxina de descargas para instrucións relacionadas co MuseScore no Linux. Fornécense paquetes para Debian, Ubuntu, Fedora e PCLinuxOS. Outras distribucións requiren que se constrúa este aplicativo a partir das fontes. Para instrucións específicas para Fedora consulte abaixo.

Fedora

  1. Importe a chave GPG:
    su
    rpm --import http://prereleases.musescore.org/linux/Fedora/RPM-GPG-KEY-Seve
  2. Vaia á páxina de descargas do sitio web do MuseScore. Prema a ligazón da descarga estábel para Fedora e escolla o paquete rpm correcto para a súa arquitectura
  3. Dependendo da arquitectura, empregue un dos dous conxuntos de ordes para instalar o MuseScore
    • para a arquitectura i386
      su
      yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.i386.rpm
    • ou para a arquitectura x86_64
      su
      yum localinstall musescore-0.9.4-1.fc10.x86_64.rpm

Se ten dificultades co son, consulte Fedora 11 e o son .