Volver ás configuracións de fábrica

Updated 1 year ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Volver ás configuracións de fábrica.

As versións recentes do MuseScore teñen a opción de volver ás opcións normais incorporadas ou «configuracións de fábrica». Ás veces isto é útil cando as opcións novas se corrompen. Isto non é frecuente, polo que é mellor consultar os foros primeiro, dado que pode haber algún xeito de resolver o problema sen reinicialo todo.

Advertencia: volver ás «configuracións de fábrica» elimina todas as alteracións que se fixesen nas preferencias, paletas ou opcións da xanela.

Instrucións para o Windows

  1. Se ten o MuseScore aberto, tenno que fechar primeiro (FicheiroSaír)
  2. Escriba Tecla Windows+R para abrir o diálogo Executar. (A tecla Windows é a que ten o logotipo do Windows da Microsoft.)
  3. Prema Examinar...
  4. Busque mscore.exe no computador. A localización pode variar dependendo da instalación, mais probabelmente ha de ser algo semellante a O meu computador > Disco local > Ficheiros de programa > MuseScore > bin > mscore.exe
  5. Prema Abrir para saír do diálogo Examinar e volver ao diálogo Executar. O texto seguinte (ou algo semellante) debería aparecer no diálogo Executar: "C:\Program Files\MuseScore 0.9\bin\mscore.exe"
  6. Prema despois das aspas e escriba un espazo seguido dun trazo e dun F maiúsculo: -F
  7. Prema Aceptar

Após uns segundos, o MuseScore deberíanse iniciar con todas as opcións reiniciadas ás «configuracións de fábrica».

Para os usuarios avanzados, o ficheiro principal de preferencias está situado en:

  • Windows Vista ou posterior: C:\Users\<USERNAME>\AppData\Roaming\MusE\MuseScore.ini
  • Windows XP ou anteriores: C:\Documents and Settings\USERNAME\Application Data\MusE\MuseScore.ini

As demais preferencias (paleta, sesión...) están en:

  • Windows Vista ou posterior: C:\Users\<USERNAME>\AppData\Local\MusE\MuseScore\
  • Windows XP e anteriores: C:\Documents and Settings\USERNAME\Local Settings\Application Data\MusE\

Instrucións para Mac OS X

  1. Se ten o MuseScore aberto ten que saír primeiro (FicheiroSaír)
  2. Abra Aplicativos/Utilidades/Terminal e debería aparecer unha xanela cunha sesión no terminal
  3. Escriba (ou copie e apegue) a orde seguinte na liña do terminal (inclúa o "/" do principio):

    /Applications/MuseScore.app/Contents/MacOS/mscore -F

Isto restaura ou devolve todas as preferencias do Musescore ás configuracións de fábrica e inicia automaticamente o aplicativo MuseScore. Pode saír do Terminal e continuar a utilizar o MuseScore.

Instrucións para linux (adápteo a outros diferentes da Lucid de Ubuntu)

  1. Se ten o MuseScore aberto ten que saír primeiro (Ficheirosaír)
  2. No menú principal de Ubuntu escolla AplicativosAccesoriosTerminal. Debería aparecer unha xanela cunha sesión de Terminal
  3. Escriba (ou simplemente copie e apegue) a orde seguinte na liña do terminal:
    mscore -F

Isto restaura ou devolve todas as preferencias do Musescore ás configuracións de fábrica e inicia automaticamente o aplicativo MuseScore. Pode saír do Terminal e continuar a utilizar o MuseScore.

Para os usuarios avanzados, o ficheiro principal de preferencias do MuseScore está situado en ~/.config/MusE/MuseScore.ini