Presentación do MuseScore
O MuseScore é un programa de notación musical libre, multiplataforma e WYSIWYG («o que se ve é o que se obtén») que oferece unha alternativa competitiva a programas comerciais como Sibelius, Finale ou Capella.
Pódense imprimir partituras atractivas ou gravalas como ficheiros PDF ou MIDI.
Algunhas das súas características máis relevantes son:
- WYSIWYG, («o que se ve é o que se obtén»), as notas escríbense nunha «partitura virtual»
- Número ilimitado de pentagramas
- Até catro voces por pentagrama
- Inserción de notas doada e rápida con rato, teclado do ordenador ou teclado MIDI
- Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
- Importa e exporta ficheiros MusicXml e MIDI estándar
- Dispoñíbel para Linux, Mac e Windows
- Licenza GNU GPL
- Traducido a 48 linguas.
Para aprender a empregalo, consulte o manual .