Comparación entre MuseScore e Finale NotePad, característica a característica

Xul 24, 2009 - 07:35

Update May 2015

Comparison chart between MuseScore and Finale - Songwriter, PrintMusic, Notepad

---

Abaixo hai unha táboa de comparación entre o MuseScore e o Finale NotePad. Inicialmente fíxose esta comparación entre estes dous produtos porque eran libres. Desde que MakeMusic anunciou que ía comezar a cobrar polo Finale NotePad 2009, o MuseScore pasou a ser a escolla máis interesante.

A natureza destes dous editores de partituras é bastante diferente. O NotePad é limitado adrede para animar os usuarios a comprar versións máis completas do Finale, segundo aumentasen as súas necesidades. Por outro lado, o MuseScore desenvólvese como código aberto e libre no que calquera persoa coas habilidades e vontade pode axudar a mellorar o produto. Como resultado, o MuseScore é moito mellor cando se traballa con moitos insstrumentos ou con calquera notación alén do básico.

A táboa de embaixo está actualizada segundo a versión 0.9.4 do MuseScore.

MuseScore Finale NotePad

Notación

Número de pentagramas Ilimitadas 8
Número de liñas de pentagrama posíbeis 1 a 9 5 (máis tablatura)
Mudanzas de claves Ilimitadas 0
Mudanzas de tempo Ilimitadas 0
Anacrusas e compases incompletos Posíbeis Non son posíbeis
Liñas de letra Ilimitadas 1
Nomes dos acordes Posíbeis Non son posíbeis
Notación da perscusión Posíbel parcialmente Non é posíbel
Estilos de documento Personalizábeis Fixos

Notas

Notas con puntillo Simples ou duplos só simples
Ornamentos Posíbeis Non son posíbeis

Aforros de tempo

Extracción de partes Posíbel Non é posíbel
Posibilidade de engadidos QtScript (en desenvolvemento) Ningunha

Formatos de ficheiro

MIDI Importa/exporta Importa/exporta
MusicXML Importa/exporta Import/aexporta (na versión 2009)
Formatos de imaxe PNG/SVG Exporta Non os admite

Reprodución

Mesturador Parcial Non existe
Son Piano máis a posibilidade de engadir Fontes de son 128 sons (General MIDI)
Reprodución expresiva Somente se interpretan staccatos, tenutos, e arpexos Estilo padrón "Human Playback"
Marca de posición da reprodución Movemento do cursor máis desprazamento automático (a partir da versión 0.9.4) Movemento do cursor máis desprazamento automático
Repeticións Interpretedas Ignoradas

Plataforms

Windows Existe Existe
Mac OS Existe Existe
Linux Existe Non ten soporte nativo

Prezo

Price $0 $9.95 (en setembro de 2008)
Código fonte Libre para modificar e compartir Software fechado