Visita guiada do MuseScore - Como obter axuda
Non existe maneira adecuada de comezar a aprender sobre o MuseScore. Esta visita guiada é, con certeza, un comezo, mais céntrase máis non que é posíbel que en como facelo. O MusScore ofrece documentación «oficial» no seu Manual , mais a vibrante comunidade de usuarios e os demais recursos que hai en musescore.org son o realmente importante.
Titoriais en vídeo
Un recurso que lle resulta útil a moitos dos que chegan novos é a serie de titoriais en vídeo producidos por Katie Wardrobe grazas ao seu sitio musescoretips.com . Tal vez os teña visto na páxina principal, en musescore.org . Fágase un favor - míreos. Probabelmente respondan a maioría das preguntas que podería facer.
Se busca no YouTube atopará máis titoriais remitidos por outros usuarios que tamén paga a pena ver.
Titoriais escritos
Existen tamén titoriais escritos en inglés remitidos por diferentes usuarios e dispoñíbeis en musescore.org. Algúns deles son bastante profundos e cubren un tema en gran detalle. Infortunadamente, non existe aínda ningún en galego - tal vez vostede sexa a primeira ou primeiro en escribir un? Se o fai, aparecería aquí .
Manual
A fonte de información oficial sobre como empregar o MuseScore é o Manual . O menú Axuda do MuseScore dá acceso a unha copia local en PDF que se instala xunto co aplicativo e liga tamén coa versión que hai na rede, que pode ter sido actualizada e mellorada desde que vostede instalou o MuseScore. Como tal vez teña percibido, moitas das descricións das funcionalidades deste tour ligan coas seccións correspondentes do Manual para así poder aprender a facer a maioría do que vai cubrir este tour.
Foros
Cando teña preguntas que o manual non poida responder, tente nos foros . O software aberto en xeral recibe o merecido aprezo por ter comunidades activas de usuarios. A comunidade de usuarios do MuseScore é especialmente xenerosa comparada co que é normal no código aberto. Se pregunta algo nun dos foros, o máis probábel é que alguén que saiba lle responda en horas e que aceret. E, quen sabe, tal vez vostede poida devolver o favor algún día.
Como
A comunidade do MuseScore ten producido unha serie crecende de titoriais curtos chamados «comos» que se pretende que sexan curtos e simples e que tratan cada un dun tema único. Algúns son escritos, outros empregan o vídeo e outros os dous medios.
MuseScore: Guía esencial do usuario
Simplemente porque o MuseScore sexa código aberto non significa que o seu ecosistema non poida incluír e non incluia produtos comerciais. Katie Wardrobe - a creadora da excelente serie de vídeos mencionada antes - ten producido tamén este estupendo libro electrónico . Cubre a maior parte dos fundamentos do que hai que saber, ten unha presentación linda e véndese a un prezo razoábel.
Existen tamén outros; mire en //musescore.org/books .
Seguimento de incidencias
Se atopa un fallo ou ten unha idea para unha funcionalidade, o seguimento de incidencias é o sitio no que informar de maneira oficial. Porén, como consello non é moi amábel: até que coñeza como son as cousas o mellor é publicar primeiro nos foros Axuda e informes de fallos ou Solicitude de funcionalidades , para estar seguro de que o fallo ou funcionalidade en cuestión non se arranxou ou incorporou xa.