Presentación do MuseScore

Nov 20, 2008 - 08:24

O MuseScore é un programa de notación musical libre, multiplataforma e WYSIWYG («o que se ve é o que se obtén») que oferece unha alternativa competitiva a programas comerciais como Sibelius, Finale ou Capella.

Pódense imprimir partituras atractivas ou gravalas como ficheiros PDF ou MIDI.

Algunhas das súas características máis relevantes son:Screenshot

  • WYSIWYG, («o que se ve é o que se obtén»), as notas escríbense nunha «partitura virtual»
  • Número ilimitado de pentagramas
  • Até catro voces por pentagrama
  • Inserción de notas doada e rápida con rato, teclado do ordenador ou teclado MIDI
  • Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
  • Importa e exporta ficheiros MusicXml e MIDI estándar
  • Dispoñíbel para Linux, Mac e Windows
  • Licenza GNU GPL
  • Traducido a 48 linguas.

Para aprender a empregalo, consulte o manual .