Dinámica
Pódese alterar o volume da reprodución de toda a peza no panel de reprodución ou dun fragmento utilizando indicadores de intensidade na partitura.
Panel de reprodución
- Vaia ao panel de reprodución: Mostrar → Panel de reprodución
- Altere o volume usando o regulador
Texto de dinámica
Na paleta Dinámica prema e arrastre os indicadores de intensidade para un compás da partitura.
Axuste do volume da reprodución cos indicadores de intensidade
- Prema unha vez para seleccionar o indicador de intensidade
- Prema co botón dereito para abrir o menú.
- Seleccione «Propiedades de MIDI».
- Axuste o número para «Velocidade», máis arriba para máis forte, máis abaixo para máis suave.