Engadidos

Updated 8 months ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Plugins

Os engadidos son fragmentos de código que engaden unha funcionalidade específica ao MuseScore. Cando se adiciona un engadido aparece un menú novo no menú Engadidos do MuseScore que realiza unha acción dada sobre a partitura ou sobre parte dela. Os engadidos son unha maneira de permitir que os usuarios con poucos coñecementos de programación lle engadan funcionalidades ao software. Para crear engadidos, vexa a documentación.

Co MuseScore van incluídos xa varios engadidos. Pode atopar máis no repositorio de engadidos.

Instalación

Teña en conta que algúns engadidos poden requirir a instalación doutros compoñentes (tipos de letra,...) para funcionaren. Lea a documentación de cada engadido para máis información.

A maioría dos engadidos fornécense como arquivos zip, así que descargue o arquivo .zip do engadido e descomprímao nun dos directorios que se mencionan embaixo.
Algúns fornécense como ficheiros .js; descárgueos e colóqueos nun destes directorios.
Algúns fornécense como ficheiros .txt; descárgueos colóqueos nun destes directorios e múdelles o nome para que rematen en .js.

Windows

O MuseScore busca engadidos en C:\Program Files\MuseScore\Plugins e en C:\Users\USERNAME\AppData\Local\MusE\MuseScore\plugins no Vista e no 7 ou en C:\Documents and Settings\USERNAME\Local Settings\Application Data\MusE\MuseScore\plugins (como sexa en cada lingua) no XP.

MacOS X

No MacOX X, o MuseScore busca os engadidos no bundle do MuseScore en /Applications/MuseScore.app/Contents/Resources/plugins e en ~/Library/Application Support/MusE/MuseScore/plugins. Para poder mover os ficheiros do bundle de aplicativos, prema MuseScore.app co botón dereito do rato e eescolla «Mostrar o contido do paquete» para revelar o directorio Contido.

Linux

No Linux, o MuseScore busca os engadidos en /usr/local/share/mscore-1.2/plugins e en~/.local/share/data/MusE/MuseScore/plugins

En calquera dos casos anteriores, reinicie o MuseScore para que se poida(n) cargar o(s) novo(s) engadido(s).
No MuseScore 2.0+ hai que activar o engadido a seguir en Menú -> Editar -> Preferencias -> Engadidos, seguido dun novo reinicio.

Antes do 2.0 hai que abrir unha partitura para que apareza o menú Engadidos.

Engadidos instalados por omisión

Importación de ABC

Este engadido usa un servizo web (http://abc2xml.appspot.com/) para abrir un ficheiro ABC no MuseScore. Admite ABC 1.6. O ficheiro ABC envíase ao servizo web, que devolve un ficheiro MusicXML. O engadido móstrao como unha partitura nova.

Quebrar cada X compases

Este engadido introduce unha quebra de liña no intervalo escollido de compases ou, se non se escollen compases, en toda a partitura.

Quebrar 4

Esta é unha versión anterior do engadido Quebrar cada X compases e facía parte do MuseScore 0.9.5. Pode que aínda estea dispoñíbel na súa instalación.
Insire quebras de liña cada catro compases en toda a partitura.

Carta de acordes

Este engadido crea unha partitura nova cos nomes de todos os acordes coñecidos polo MuseScore no estilo para jazz.

Color notes

Este engadido colora a cabeza de todas as notas de todos os pentagramas e voces de acordo coa convención BoomWhackers. Cada altura ten unha cor diferente. Do e Do# teñen cores diferentes. Do# e Reb teñen a mesma cor.
Para que todas as notas sexan negras, prema unha cabeza co botón dereito do rato -> Seleccionar -> Todos os elementos semellantes. Prema de novo a cabeza da nota co botón dereito -> Cor -> Escolla o negro. Tamén pode empregar o engadido Eliminar as cores das notas para facer o mesmo.

Crear partituras

Este engadido crea unha partitura de piano nova con catro negras, Do, Re, Mi, Fa. É unha boa maneira de aprender a crear unha partitura nova e engadir notas cun engadido.

Proba tipográfica

Este engadido é idéntico ao engadido Nomes das notas mais emprega un tipo de letra distinto. Non fai parte máis do MuseScore, mais si o facía en 1.0 e, como tal, pode estar aínda presente na súa instalación.

Nomes das notas

Este engadido mostra o nome en inglés da nota superior dun acorde na voz 1 no pentagrama superior por riba da cabeza da nota (como texto de partitura )

Eliminar notas

Este engadido elimina a nota dada (inferior, medio ou superior) de todos os acordes de tres notas da voz 1 do pentagrama superior.

Gardar na rede ...

Este engadido non está no menú Engadidos, senón no menú Ficheiro (ficheiroGardar na rede...). É, porén, un engadido e emprégase para enviar unha partitura a MuseScore.com; vexa Compartir partituras na rede para a documentación.

Afinación por temperamento

Este engadido facía parte do MuseScore 0.9.6 e é a versión máis nova do engadido Afinación (vexa embaixo). Posteriormente moveuse ao repositorio de engadidos como Escalas , así que pode consultar aí a documentación.

Proba

Este engadido é simplemente unha proba que mostra unha caixa de diálogo «Olá, MuseScore». É un bon alicerce para comezar a aprender como crear engadidos. Xa non fai parte do MuseScore, mais si o era en 1.0 e anteriores e, como tal, pode estar aínda dispoñíbel na súa instalación.
Como restos da versión 0.9.6.3 e anteriores, pode ser que atope tamén un co mesmo nome no menú Crear (CrearProba).

Afinación

Este engadido facía parte do MuseScore 0.9.5 e é a versión anterior do engadido Afinación por temperamento (vexa máis arriba). Pode que aínda estea dispoñíbel na súa instalación.
Aplica unha afinación definida polo usuario a todas as notas de todos os acordes das voces 1 a 3 (mais non á voz 4!) de todos os pentagramas.