Compartir partituras na rede

Updated 1 month ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Share scores online

Vaia a http://musescore.com/sheetmusic para ver outras partituras do Musescore.

Pode gardar e compartir as súas partituras na rede en MuseScore.com. Tamén pode decidir gardar unha partitura de maneira privada para ter acceso persoal desde calquera computador ou compartir a partitura publicamente para que a vexan ou descargan os amigos e membros do seu conxunto musical. MuseScore.com permite ver e reproducir partitures nun navegador web e mesmo permite sincronizar a partitura cun vídeo do YouTube. Para utilizar fóra do navegador web, pódese descargar a partitura e varios formatos (incluídos PDF, MIDI, MP3, MusicXML e o ficheiro orixinal do MuseScore).

Crear unha conta

  1. Visite MuseScore.com e prema Create new account (Crear unha conta nova)
  2. Escolla un nome de usuario, introduza un enderezo de correo válido e prema "Create New Account" («Crear unha conta nova»)
  3. Agarde uns minutos até que lle chegue unha mensaxe ao seu correo e visite o seu perfil de usuario para modificar o contrasinal

Compartir unha partitura directamente desde o MuseScore

Pódese gardar unha partitura directamente na rede desde FicheiroGardar na rede.... Se é a primeira vez que emprega esta funcionalidade, terase que autenticar.

Autenticación da primeira vez

  1. Vaia a FicheiroGardar na rede...
  2. O MuseScore pídelle que prema Aceptar para abrir un navegador web e lle dea permiso a MuseScore en MuseScore.com.
    MuseScore needs your permission
  3. Prema Aceptar e o navegador ábrese en MuseScore.com. Se non está rexistrado, introduza o seu nome de usuario e o contrasinal e
  4. Prema "Allow Access" («Permitir o acceso»)
  5. Volva ao MuseScore e prema «Aceptar». Se o navegador non se abre, pode copiar e pegar o URL na barra de enderezos do navegador.
    Press OK once access is allowed
  6. O MuseScore está ligado á súa conta de MuseScore.com

Gardar na rede

Unha vez autenticado a primeira vez, ou cando vaia a FicheiroGardar na rede..., o MuseScore pide determinada información sobre as súas partituras.
score information

  1. O título é o título da partitura. Pódeo cambiar
  2. A descrición aparece a carón das partituras. Pódeas describir, dicir por que as escribiu, etc...
  3. Pode escoller que a partitura sexa pública e todas as persoas que cheguen aMuseScore.com pódena ver ou privada e só vostede a poderá ver.
  4. Escolla unha licenza. Se emprega unha licenza de Creative Commons, permite que as persoas empreguen as súas partituras baixo determinadas restricións.
  5. Pode engadir etiquetas que axuden a atopar as aprtituras en MuseScore.com. Non esqueza empregar unha vírgula para separar as etiquetas.

Enviar unha partitura a MuseScore.com

Tamén pode enviar unha partitura directamente a MuseScore.com.

  1. Prema a ligazón de envío de MuseScore.com
  2. Dispón das mesmas opcións que co menú Gardar na rede
  3. Tamén dispón de acceso a máis información, como Xénero

Nota: No caso de que chegue ao límite de envío de cinco partituras, pode enviar partituras directamente desde o MuseScore. Se desexa continuar enviando mediante a web, anove primeiro a súa conta a unha de tipo Pro Account.

Editar unha partitura en MuseScore.com

Se desexa alterar unha das partituras que teña en MuseScore.com, edite o ficheiro do MuseScore no seu propio computador e siga os seguintes pasos.

  1. Vaia á páxina da partitura en MuseScore.com
  2. Prema a ligazón de edición
  3. No formulario pode modificar o ficheiro da partitura, así como toda a información sobre a partitura, como o título, a descrición, etc...