Marcas de tempo

Updated 14 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Marcas de tempo.

As marcas de tempo están disponíbeis na barra lateral de paletas principal. Pódense arrastrar e soltar as marcas de tempo para a partitura (vexa paletas para información xeral sobre como traballar coas paletas no MuseScore).

Paleta lateral de marcas de tempo

Se precisa dunha marca de tempo que non apareza na paleta lateral, vaia a CrearTempo... para crear a súa propia. Pódense modificar os números superior e inferior no panel Crear unha marca de tempo.

Na maioría dos casos só se precisa modificar o primeiro dos numeradores. Os numeradores adicionais son para os compases aditivos que conteñen varios números separados por un símbolo +.

Creación de marcas de tempo novas

Anacrusas

Hai determinadas ocasións nas que a duración real dun compás é diferente da duración especificada pola marca de tempo. As anacrusas son un exemplo frecuente. Para mudar a duración actual dun compás sen mostrar unha marca de tempo distinta vexa a sección Propiedades de [[nodetitle:operacións co compás]] .