Modo de reprodución
O MuseScore dispón dun secuenciador e sintetizador integrados para poder tocar as partituras.
Ao premer o botón Reproducir
éntrase no Modo de reprodución. No Modo de reprodución están dispoñíbeis as ordes seguintes:
- Alternar pausa/reprodución Espazo
- Ir ao acorde anterior Esquerda
- Ir ao acorde seguinte Dereita
- Ir ao compás anterior Ctrl+Esquerda
- Ir ao compás seguinte Ctrl+Dereita
- Ir ao principio da partitura Inicio
- Alternar mostrar o panel de reprodución F11
Prema o botón de reprodución de novo para parar e saír do Modo de reprodución.
O MuseScore inicia a reprodución desde onde o deixou a vez anterior. Se se selecciona unha nota, o MuseScore inicia desde a última nota seleccionada. A barra de ferramentas tamén dispón dun botón de rebobinado para volver rapidamente ao principio da partitura para reproducila.
Panel de reprodución
O panel de reprodución ofrece máis controles de reprodución, incluído o tempo, a posición de inicio e un volume global. No menú principal escolla Mostrar → Panel de reprodución para abrir o Panel de reprodución.
Solución de problemas
Só o piano
Versión 0.9.5 e anteriores: Para tocar instrumentos diferentes do piano hai que substituír a fonte de son integrada do MuseScore por unha máis capaz no separador Editar → Preferencias... → E/S. Vexa SoundFont para as instrucións.
Son en Ubuntu
Se está a ter dificultades co son en Ubuntu, recoméndase actualizar á versión 0.9.5 ou a outra posterior. Hai instrucións para obter a edición máis recente na páxina de descargas do sitio web. Se tiver outros problemas, solicite axuda nos foros.