SoundFont
O MuseScore vén cun tipo de ficheiro especial chamado SoundFound ou "fonte de son" que lle indica como reproducir o son de cada instrumento. Algunhas fontes de son foron deseñadas expresamente para a música clásica, outras para o jazz ou o pop e outras son grandes e ocupan moita memoria; outras son moi pequenas e lixeiras. A última versión do MuseScore (versión 0.9.6 e posteriores) vén cunha fonte de son relativamente lixeira e de propósito xeral chamada "TimGM6mb.sf2".
Xeral
Un ficheiro SoundFont pode almacenar un número determinado de sons de instrumentos. Na web hai moitos SoundFonts dispoñíbeis. Procure un que cobra os 128 sons do General MIDI (GM). Se está a empregar unha fonte de son que non respecte a norma General MIDI, pode que outros non escoiten os instrumentos correctos cando comparta a partitura ou a grave como MIDI.
O tamaño de ficheiro e a calidade dos sons das fontes de son dispoñíbeis na web varía moito. Os ficheiros SoundFont máis grandes normalmente soan mellor, mais poden seren demasiado grandes para executalos nalgúns computadores. Se o MuseScore se tornar lento despois de instalar un ficheiro SoundFont grande ou se o computador non pode manter estábel a reprodución, procure un ficheiro SoundFont máis pequeno. Aquí abaixo pode atopar tres fontes de son GM de tamaños diferentes.
FluidR3_GM.sf2
(141 MB sen comprimir)Descargue Fluid-soundfont.tar.gz (129 MB)
GeneralUser_GS_1.43-MuseScore.sf2
(29.8 MB sen comprimir)Descargue GeneralUser_GS_1.43-MuseScore.zip (Cortesía de S. Christian Collins)
TimGM6mb.sf2
(5.7 MB sen comprimir)Descargue modified TimGM6mb.sf2 (Cortesía de Tim Brechbill)
Compresión
Dado que os ficheiros SoundFont son grandes, normalmente están comprimidos en diversos formatos, que inclúen .zip, .sfArk e .tar.gz. Hai que descomprimir estes ficheiros antes de os poder utilizar.
- ZIP é un formato de compresión normal admitido na maioría dos sistemas operativos.
- sfArk é un formato de compresión deseñado especialmente para comprimir os ficheiros SoundFonf. Empregue o software sfArk especial para descomprimilos.
- .tar.gz é un formato de compresión popular en Linux. Os usuarios do Windows poden empregar 7-zip, que admite unha ampla variedade de formatos de compresión. Lembre que hai que aplicar a descompresión dúas veces: unha vez para GZip e outra para TAR.
Configuración do MuseScore
Unha vez atopado e descomprimido un ficheiro SoundFont non prema dúas veces nel para abrilo, porque isto non configura o MuseScore. No canto disto, mova o ficheiro para o cartafol que queira, inicie o MuseScore e siga as instrucións de embaixo.
- Windows: C:\Program Files\MuseScore\sound\TimGM6mb.sf2 (de feito, %ProgramFiles%\MuseScore\sound\TimGM6mb.sf2)
- Windows (64-bit): C:\Program Files (x86)\MuseScore\sound\TimGM6mb.sf2 (de feito, %ProgramFiles(x86)%\MuseScore\sound\TimGM6mb.sf2)
- Mac OS X: /Applications/MuseScore.app/Contents/Resources/sound/TimGM6mb.sf2
- Linux (Ubuntu): /usr/share/sounds/sf2/TimGM6mb.sf2
Prema a icona Abrir que hai ao lado de onde estea a fonte de son e busque o ficheiro da fonte de son (.sf2). No diálogo Abrir navegue e seleccione o ficheiro e despois prema Abrir.
Instrucións para 0.9.5 e anteriores
Se está a utilizar a versión 0.9.5 ou anteriores vaia a Editar → Preferencias... → separador E/S.
A configuración inicial de SounFont é :/data/piano1.sf2. Substitúa isto pola localización do novo ficheiro SoundFont (.sf2). Prema a icona Abrir para procurar o ficheiro e abrilo.
Prema Aceptar para aplicar as modificacións e saia do panel de preferencias. Saia do aplicativo e volva a iniciar o MuseScore para que se realicen as modificacións.
Problemas coñecidos
Se o panel de ferramentas de reprodución aparece esvaecido ou non é visíbel, siga as instrucións de embaixo para que o son funcione de novo:
- Verifique que o elemento do menú Mostrar → Transporte estea seleccionado. Pode engadir ou eliminar a marca de verificación premendo o elemento do menú correspondente. Se este paso non soluciona o problema continúe co paso de embaixo
- Se o panel de reprodución desaparece despois de mudar de SoundFont, vaia ao separador Editar → Preferencias... → E/S e prema Aceptar sen facer máis alteracións. Despois de reiniciar o MuseScore, o panel de reprodución debería reaparecer. Este é un erro coñecido das versións 0.9.3 e anteriores.
Se é a primeira vez que instala unha fonte de son, empregue unha das fontes de son que se enumeran máis arriba.
Se a reprodución vai a tropezóns é porque o computador non é quen de xestionar a fonte de son en uso. Dúas solucións:
- Reducir a cantidade de RAM (memoria) empregada polo MuseScore utilizando unha fonte de son máis pequena. Vexa a lista anterior para suxestións
- Incrementar a cantidade de RAM dispoñíbel para o MuseScore saíndo de todos os aplicativos excepto o MuseScore. Se aínda ten problemas e unha fonte de son grande, é importante que considere a adquisición de máis RAM para o computador