Molduras

Updated 9 years ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Frames

As molduras fornecen un espazo baleiro fóra dos compases normais. Tamén poden conter texto ou imaxes. O MuseScore dispón de dous tipos de molduras:

Horizontais
As molduras horizontais rachan un sistemas. A anchura é axustábel e a altura é igual á do sistema. Pódense empregar as molduras horizontais para separar unha coda.
Verticais
As molduras verticais fornecen un espazo baleiro antes ou despois dos sistemas. A altura é axustábel e a anchura é igual á do sistema. As molduras verticais empréganse para colocar o título, o subtítulo ou o compositor. Se se crea un título colócase automaticamente unha moldura vertical antes do primeiro compás se non hai xa unha.

Crear unha moldura

Seleccione primeiro un compás. A orde para inserir unha moldura está no menú CrearCompases. A moldura insírese antes do compás seleccionado.

Eliminar unha moldura

Seleccione unha moldura e prema Supr.

Modificar unha moldura

Prema dúas veces a moldura para entrar no modo de edición . Aparece un manipulador que se pode empregar para arrastrar o tamaño da moldura.

Moldura do título no modo de edición:
Moldura horizonal