Quebras ou espaciadores

Updated 11 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Quebras ou espaciadores.

As quebras de páxina e as quebras de liña (saltos de sistema) créanse arrastrando un símbolo de quebra de páxina ou de liña desde a paleta de quebras para un sitio baleiro dun compás da partitura. A quebra prodúcese despois do compás marcado. Os símbolos verdes de quebra son visíbeis na pantalla mais non aparecen ao imprimir.
Breaks Palette

Ás veces precísanse quebras de sistema no medio dun compás (especialmente en himnos estróficos ou lieder). Por exemplo, se se queren tres pulsos nun sistema e unha anacrusa de un pulso no sistema seguinte, hai que crear dous compases de duración reducida. Para máis detalles vexa as seccións «Duración» e «Irregular» en Operacións cos compases , así como a derradeira sección.

Os espaciadores empréganse para aumentar o espazo entre dous pentagramas consecutivos. Arrastre e solte un espaciador sobre un compás por riba da zona que precisa de máis espazo vertical. Prema dúas veces o espaciador e arrastre o selector co rato para axustar a altura do espaciador.

Se quere axustar o espazo entre os pentagramas en toda a partitura empregue as opcións de estilo. Os espaciadores están deseñados para os axustes locais.