Repeticións

Updated 9 years ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Repeats and jumps

Pódense definir o inicio e o final das repeticións simples coas barras de compás apropiadas. Para instrucións sobre os compás de primeiro e segundo finais, vexa Voltas .

Reprodución

Para ouvir as repeticións durante a reprodución, asegúrese de que o botón «Reproducir as repeticións» play-repeats.png da barra de ferramentas está seleccionado. Igualmente, pódense desactivar as repeticións durante a reprodución anulando a selección do botón.

No derradeiro compás dunha repetición pódese indicar a propiedade operacións cos compases «Número de repeticións» para indicar o número de repeticións que se reproducen.

Sígnos de repetición e texto

O texto e os signos relacionados coas repeticións están situados na paleta Repeticións:

A paleta Repeticións contén os signos de repetición de compás, segno e coda. Tamén contén os textos «D.S.», «D.C.» e Fine.

Para engadir un obxecto da paleta Repeticións, arrástreo sobre (non enriba) do compás no que desexa que apareza. O obxecto aparece enriba dese compás na partitura.

Saltos

Os saltos normalmente consisten en tres partes:

  • Saltar até a marca
  • reproducir até marca
  • continuar en marca

As marcas son nomes que se lle poden dar a determinadas posicións nos compases. Dúas marcas («inicio» e «final») denotan o inicio e o final da partitura e non as hai que engadir explicitamente.

Exemplos:

Na instrución de slato Da Capo, a reprodución salta ao inicio e reproduce a partitura completa de novo (até a marca de final implícita).

Na instrución de salto Da Capo al Fine, a reprodución salta ao inicio e reproduce a partitura até a marca Fine.

Dal Segno al Fine (ou D.S. al Fine) salta á marca Segno e a seguir reproduce até a marca Fine.

Dal Segno al Coda salta á marca Segno e a seguir reproduce até a primeira marca Coda. A reproducir continúa na segunda marca Coda. As propiedades dos saltos pódense alterar mediante o botón dereito sobre a marca D.S. al Coda.

Vexa tamén: Volta