Voces

Updated 5 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Voces.

As voces permiten ter notas nun único pentagrama que comecen ao mesmo tempo mais teñan duracións diferentes. Ás veces, ás voces chámaselles "capas" noutro software de notación.

Nun compás polifónico, a primeira voz ocupa as notas coas plicas para riba e a segunda voz ocupa as notas coa plica para baixo

Instrucións

  1. Comece introducindo a voz máis alta (todas as notas coa plica para riba). Ao introducir as notas pode que algunhas teñan as plicas para baixo. Non se hai que preocupar pola dirección das plicas nesta altura porque se colocarán correctamente cando se engada a segunda voz.
    Voice 1 notes
  2. Se está a utilizar un teclado de ordenador ou MIDI para introducir as notas (no canto do rato), empregue a frecha Esquerda para facer que o cursor recúe para o comezo da liña.
  3. Prema o botón «Voz 2» Botón da voz 2
  4. Introduza todas as notas da voz máis baixa (todas as plicas das notas para baixo). Ao rematar debería ter esta aparencia:
    Voices 1 and 2

Cando empregar as voces

  • Se precisa de plicas que miren en direccións contrarias dentro dun acorde dun pentagrama
  • Se precisa de notas de duracións diferentes dentro dun pentagrama que se toquen simultaneamente

Acochar os silencios

Para acochar un silencio, prema co botón dereito do rato e seleccione Tornar invisíbel. Se seleccionou MostrarMostrar o invisíbel, o silencio aparece en gris na pantalla. Os silencios acochados non aparecen impresos.