Visita guiada do MuseScore - Traballe como queira
O MuseScore é tremendamente flexíbel e ofrece moitas maneiras diferentes de traballar, así como amplas opcións de personalización..
Multiplatforma
O MuseScore funciona nos tres sistemas operativos máis populares: Windows, MacOS e Linux. Un programa libre que funciona en practicamente todos os computadores que se venden hoxe - agora a notación musical de calidade está ao alcance de todos!
Multilingue
A interface e a documentación do MuseScore foron traducidas a máis de 40 linguas, incluíndo o inglés (americano e británico, alemán, francés, holandés, castelán, italiano, portugués, ruso, galego, turco, portugués do Brasil, hindi, dinamarqués, finlandés, sueco, noruegués Bokmål, chinés tradicional (Taiwan), ucraíno, árabe, polaco, romanés, grego, chinés simplificado, húngaro, tailandés, xaponés, checo, catalán, esloveno, feroés, eslovaco, lituano, croata, bielorruso, vietnamita, esperanto e persa.
Personalización
Alén de admitir diferentes métodos para introducir as notas (teclado do computador, rato, MIDI), a interface do MuseScore é en si personalizábel. Mostre varios documentos á vez, achéguese e afástese, mova e acople as paletas escolla os seus propios atallos de teclado para a maioría das ordes.
Engadidos
Se pensa que ao MuseScore lle falta unha funcionalidade, hai moitas posibilidades de que alguén escribise ou poida escribir un engadidos para solucionar esa necesidade. Existen engadidos que realizan moitas tarefas, incluíndo a importación do ABC, exportación en lote, inserción automática de dixitación de metais e frautas, comprobación da adherencia ás regras da harmonía, reprodución de crescendo e diminuendo, xeración de entradas doutros instrumentos, expansión/redución, notación con barras e moito máis. Por outra banda, plugin development engadidos non é tan difícil como poida pensar.
Código aberto
Dado que o MuseScore é código aberto , a personalización definitiva resulta posíbel para quen saiba programar en C++ - descargue e compile o código fonte do MuseScore vostede mesmo/a e introduza funcionalidades novas propias! Por suposto, confiamos en que considere compartir tamén as súas melloras co resto da [[nodetitle:desenvolvemento|comunidade de desenvolvedores]] .
Mesmo se vostede non sabe programador, pode aproveitar unha das grandes cousas que ten o software de código aberto: a oportunidade de experimentar as construcións previas á edición de versións futuras moito antes de que estean listas para seren publicadas. Por suposto, poden quebrar moito, así que non recomendamos empregalas para traballo serio, mais dan a oportunidade de ver como van progresando as cousas e ofrecen impresións sobre as funcionalidades novas. Algunhas [[nodetitle:musescore 2.0 roadmap|cousas emocionantes que van vir]] son a vista deslizante, partes ligadas, tablaturas, diagramas de trastes, baixo cifrado, paletas personalizadas, melloras na xestión dos textos, reprodución mellorada e máis. E se algunha desas construcións (actualizadas normalmente cada noite) resulta suficientemente utilizábel para facer algo específico, pois moi ben para todos!