Claves

Updated 11 years ago
These are old instructions for MuseScore 1
For MuseScore 3 users, see Clefs

As claves créanse ou modifícanse arrastrando o símbolo da clave desde a paleta de claves para un compás ou outra clave. Empregue F9 (Mac: ++K) para mostrar ou ocultar barra lateral das paletas .

Paleta das claves

Modificar

Arrastre unha chave desde a paleta para unha das claves da partitura. Tamén se pode arrastrar unha clave desde a partitura para riba doutra clave empregando Maiúsculas + BotónDereitoDoRato + Arrastrar.

Engadir

Arrastre unha chave desde a paleta para unha parte baleira dun compás. Isto crea unha chave ao principio do compás. Arrastre unha chave para riba dunha nota determinada para crear unha chave na metade dun compás. Se non é a primeira medida do pentagrama aparece máis pequena.

Eliminar

Escolla unha chave e prema Supr.

Lembre que mudar unha chave non altera a altura de ningunha nota. No canto disto, as notas móvense para manter a altura.