Barras de compás

Updated 12 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Barras de compás.

Mudar o tipo de barra de compás

As barras de compás modifícanse arrastrando o símbolo desde a paleta de barras de compás para unha barra da partitura.
Paleta de barras de compás

Para agochar de todo unha barra de compás, prema a liña co botón dereito do rato e escolla Facer invisíbel.

Crear un sistema de varios pentagramas

Para extender as barras de compás a varios pentagramas, prema unha barra dúas veces para editala (vexa Modo de edición ).

Modo de edición das barras de compás

Prema o cadro azul e arrástreo sobre o pentagrama seguinte.
Todas as barras da partitura actualízanse ao saír do modo de edición.

Sistema

Vexa tamén: Operacións cos compases