Novidades da versión 2 do MuseScore

A versión 2 do MuseScore é realmente unha versión que racha coas formas. É a primeira versión principal desde que saíra a 1.0 hai máis de catro anos e inclúe moreas de funcionalidades e melloras que se foron pedindo durante este período. Vexa Notas da publicación da versión 2.0 do MuseScore para a lista de cambios principais.

xanela principal

Interface de usuario

MuseScore 2 conserva a interface básica fácil das versións anteriores mais cun monte de melloras significativas que incluén un centro de inicio completamente novo para simplificar a busca e creación de partituras, unha xanela de inspección que fornece un acceso doado ás propiedades das notas individuais e doutros elementos e paletas persoalizábeis para poder agrupar os símbolos máis empregados.

vista continua

O MuseScore 2 fornece tamén un modo de vista continua que permite introducir notas sen a interrupción das quebras de liña ou de páxina.

Ferramentas de edición

partes ligadas O MuseScore 2 engade algunhas ferramentas de edición potentes novas. Unha das máis importantes é unha facilidade para partes ligadas que permite que as particelas das partituras para grupos non só se garden como parte da partitura senón que tamén estean ligadas de xeito que as mudanzas que se realicen sobre a partitura se vexan reflecticas automaticamente nas partes e viceversa. símbolos de acordes Outras das funcionalidades de edición novas inclúen os estilos de texto dinámicos , que permiten controlar o formato do texto antes ou despois de o engadir á partitura, unha barra de ferramentas de teclado de piano para introducir notas, un analizador de símbolos de acorde intelixentes que fornece maior flexibilidade á hora de introducir e mostrar os símbolos dos acordes, un filtro de seleccións para ter maior control sobre o que se copia e apega, un modo para recalcular as alturas que permite manter as alturas conservando o ritmo, ordes para explotar e implosionar para facilitar a escrita para varios instrumentos, ordes para partir e unir compases para liberar das limitacións dos tempos, albums para combinar varias partituras nunha obra máis grande e moito máis.

Estilos de notación e elementos novos

tabulaturas, notación rítmica de barras, diagramas de trastes Unha das principais funcionalidades novas do MuseScore 2 é que admite unha grande variedade de notacións de tabulaturas novas - deseñadas para satisfacer as necesidades de todas/os, desde os guitarristas de rock até a música para mandolina folk e os laúdes renacentistas. O MuseScore 2 tamén admite a notación de barras e a notación rítmica de barras , marcas de cambio de pedal de piano, diagramas de trastes de guitarra , falls, bends, baixo figurado , adornos para gaita e unha grande diversidade de símbolos incluídos no tipo de letra de código aberto Bravura.

Mellora na disposición

disposición mellorada Realizouse un esforzo significativo por mellorar a disposición básica das partituras de maneira que estas teñan unha mellor aparencia inmediatamente e requiran menos axustes manuais que nas versións precedentes. A lonxitude e posición das ligaduras, a colocación das alteracións, o agrupamento nas liñas de unión, o tratamento das colisións entre notas de voces diferentes, a altura por omisión de moitos símbolos - todo isto, e máis, foi mellorado en relación ás versións precedentes e claramente sobre os programas de edición de partituras comerciais rivais.

Mellora na reprodución

reprodución de marcas de expresión O MuseScore 2 inclúe a fonte de son FluidR3 para unha reprodución máis realista dos instrumentos, alén dun monte de melloras na reprodución, que inclúen cambios de instrumento na metade da partitura , opcións de swin novas e flexíbeis, amais da interpretación de máis símbolos, como o crescendo, a fermata, os tremolos, mordentes e as marcas de tempo. O MuseScore 2 fornece tamén un metrónomo e controles de bucle para acompañamento e inclúe compatibilidade con JACK mellorada para o funcionamento conxunto con outros programas.

Melloras na importación e na exportación

Alén das melloras na importación e exportación de MIDI e MusicXML, o MuseScore 2 importa agora ficheiros do Guitar Pro files, o que permite acceder ás moitas partituras que hai nese formato na Rede.

importación de MIDI
modo de captura de imaxes O MuseScore 2 tamén pode exportar ao formato MP3 e permite definir zonas da partitura para gardalas como capturas de imaxe para incluílas en documentos de texto ou doutro tipo.

Accesibilidade

MuseScore 2 ten unha cantidade de funcionalidades de accessibilidade novas. Admite directamente o lector de pantalla NVDA e tamén é posíbel configuralo para que funcione con JAWS. Os menús, diálogos, barras de ferramentas e a navegación polas partituras foron adoptados para a lectura da pantalla e o teclado e así permitir que o MuseScore sexa empregado como «partitura falada». Aínda que a edición de partituras non é aínda completamente accesíbel, continúase a traballar nisto para futuras versións co obxectivo de que os músicos cegos dispoñan da mesma facilidade para crear partituras feitiñas igual que as persoas con vista.

Documentación e internacionalización

O MuseScore 2 inclúe un manual na rede amplo, dispoñíbel nos formatos HTML e PDF, así como axuda dependente do contexto na rede á que se pode acceder mediante a tecla F1, que pode achegar contido do manual e outro. A interface mesma da versión 2 do MuseScore foi traducida por completo ou en parte a máis de cincuenta idiomas, con actualizacións que agora se fornecen continuamente a través da rede para asegurarse de que sempre se dispoña das máis recentes.