Glossary

Updated 12 years ago

O glosario é un traballo en progreso. Se pode e sabe, axude, por favor. Pode conversar sobre esta páxina no foro sobre documentación.
A lista de embaixo é un glosario de termos frecuentes empregados no MuseScore, así como o seu significado. Os tradutores desta páxina deberían engadir a tradución de cada un deles.

Acciaccatura
Unha nota de adorno breve. Vexa →nota de adorno
Alteracións
As alteracións aparecen antes das notas e modifican a súa altura.
As alteracións empréganse para modificar a altura dunha nota nunha peza. Empréganse os mesmos símbolos que na →armadura , mais colócanse diante dunha nota determinada. As alteracións son, por exemplo, os sostidos, os bemois e os becuadros. As alteracións afectan a todas as notas que estean na mesma posición no pentagrama durante o resto do compás no que aparecen, mais pódense anular con outra alteración.
Anacrusa
Primeiro compás incompleto dunha peza ou dunha sección dunha peza musical. Vexa →Crear unha partitura nova, Marca de compás...
Appoggiatura
Unha nota de adorno longa. Vexa →notas de adorno
Liñas de compás
Liña vertical que atravesa un pentagrama ou o sistema e que separa compases.
Barras
As notas con duración de corchea e menores poden levar unha plica ou unha barra. As barras empréganse para agrupar as notas.
BPM
Vexa →marca do metrónomo
Breve
Unha redonda dobre ou breve é unha nota que ten a duración de dúas redondas.
Acorde
A definición mínima de acorde é un mínimo de dúas notas diferentes tocadas ao mesmo tempo. Os acordes baséanse nas escollas que fai o compositor entre os harmónicos de un, dous ou tres (ou máis) sons fundamentais. Por exemplo, no acorde de Do, Sol é o segundo harmónico e Mi o cuarto da fundamental Do. Pero en Do7, o Mi bemol é o sexto harmónico de Do e en DoMaj7 Si é o segundo harmónico de Mi e o cuarto harmónico de Sol...
Clave
Símbolo ao principio do pentagrama que se utilizar para indicar cales son as notas musicais nas liñas e entre as liñas.
Hai dúas claves de Fa, catro claves de Do e dúas claves de Sol: Fa en terceira, Fa en cuarta, Do en primeira, Do en segunda, Do en terceira, Do en cuarta, Sol en primeira e Sol en segunda.
Sol en primeira e Fa en cuarta son equivalentes.
As claves son moi útiles para a transposición.
Negra
Unha negra é un cuarto da duración dunha redonda.
Fusa
Nota 1/32
Corchea
Unha nota cuxa duración é unha oitava parte dunha branca.
Alteracións
Símbolo que indica que hai que baixar a altura dunha nota nun semitón.
Nota de adorno
As notas de adorno aparecen como notas pequeniñas diante dunha nota principal de tamaño normal. Unha nota de adorno curta (acciaccatura ten as plicas cruzadas e unha nota de adorno longa (appoggiatura) non.
Branca
Unha nota cuxa duración é a metade dunha branca.
Semifusa
Armadura
Conxunto de sostidos e bemoles no principio dos pentagramas. Dá unha idea acerca da tonalidade e evita ter que repetir eses símbolos en todo o pentagrama.
Unha armadura cun Si bemol indica que a tonalidade é Fa maior ou Re menor.
Koron
Unha alteración iraniana que indica menor altura e que diminúe unha nota un cuarto de ton (en comparación co bemol , que baixa a nota un semitón. É posíbel empregar esta alteración nunha armadura . Vexa tamén →sori .
Longa
Unha longa é unha nota que vale catro redondas.
Marca de metrónomo
As marcas de metrónomo danse normalmente cunha lonxitude de nota que equivale a unha determinada velocidade medida en pulsos por minuto (bpm). Os pulsos por minuto é a unidade para medir o tempo. No MuseScore, as marcas de metrónomo empréganse nos tempo .
Parte
Música para que toquen ou canten un ou un grupo de músicos. Nun cuarteto de corda a primeira parte é o primeiro violino, a segunda o segundo violino, a terceira a viola e a cuarta o cello.
Cuatrillo
Vexa →grupos artificiais
Cinquillo
Vexa →grupos artificiais
Sextillo
See →grupos artificiais
Ligadura
Ligadura e ligadura de expresión describen a unha liña curva entre dúas notas.
Ligadura de expresión significa que as notas hainas que tocar sen ataque (legato ). Ligadura emprégase entre dúas ou tres (raro) notas iguais para indicar a súa duración:
Negra + Ligadura + Negra = Branca
Negra + Ligadura + Corchea = Negra con puntillo
Negra + Ligadura + Corchea + Ligadura + Semicorchea = Negra con dous puntillos
Pentagrama
Grupo de unha ou cinco liñas horizontais nas que se deseñan os símbolos musicais. Na notación da música antiga (anterior ao século XI) o pentagrama podía ter calquera número de liñas.
Sistema
Sistema: Conxunto de pentagramas dunha partitura que hai que ler simultaneamente.
Sistema operativo: Conxunto de programas escritos para que funcione un computador creado con compoñentes electrónicos. Os sistemas operativos populares inclúen o Windows da Microsoft, o Mac OS X e o and GNU/Linux.
Ligadura de expresión
Vexa →Ligadura de expresión .
Transposición
A tonalidade carece bastante de sentido: unha melodía pódese tocar en calquera tonalidade. A lixeira diferencia é un son máis escuro ou máis brillante. Mais hai moitas razóns técnicas para mudar a tonalidade dunha partitura:
  • A melodía está demasiado baixa ou demasiado alta para un/ha cantante
  • A partitura está escrita para un instrumento en Do e haina que tocar nu en Si bemol.
  • A partitura está escrita para unha orquestra e quérese imaxinar que é o que tocan o corno, a traveseira e o clarinete.
    No primeiro caso, toda a orquestra ten que transportar: é case imposíbel de facer sen músicos profesionais, mais o MuseScore pódeo facer moi facilmente.
    - No segundo caso o músico ten que tocar Re cando se escribe Do. Se a partitura está escrita nunha clave de Sol en segunda, o músico ten que imaxinar que o pentagrama comeza cunha clave de Do en terceira.
    - No terceiro caso o director ten que transportar todos os pentagramas que non estean escritos para instrumentos en Do...
    - En todos os casos hai que mudar mentalmente de armadura...
    Porén, ha de saber que nalgúns instrumentos (os cornos e tubas, por exemplo) os músicas transportan usando dixitacións alterativas.
Tresillo
See →grupos artificiais
Grupo artificial
Un grupo artificial dividide o valor da nota inmediatamente superior nun número de notas diferente do que indica o compás. Por exemplo, un tresillo divide a nota superior en tres partes no canto de dúas. Os grupos artificiais inclúen o tresillo, o dousillo, o cinquillo e outros.
Velocidade
A propiedade de velocidade dunha nota controla o volume co que se toca. Este uso do termo provén dos sintetizadores MIDI. Nun instrumento de teclado é a velocidade coa que se preme unha tecla a que controla o seu volume. A escala habitual de velocidade é 0 (silencio) até 127 (máximo).
Voz
Para os instrumentos polifónicos, como os teclados, o violino ou a batería, hai que escribir notas de duración diferente ao mesmo tempo no mesmo pentagrama. Para escribilo, cada sucesión horizontal de notas ten que ser escrita de maneira independente no pentagrama.
Volta
Nunha sección de música repetida é habitual que os últimos compases dunha sección sexan diferentes. As marcas chamadas voltas empréganse para indicar como remata a sección de cada volta. Estas marcas coñécense ás veces como finais.