Edición de texto

Updated 12 years ago
This page shows old instructions for MuseScore 1.
For MuseScore 4 users, see Edición de texto.

Prema dúas veces un texto para entrar no modo de edición:

Sample text in edit mode

No modo de edición disponse das ordes seguintes:

  • Ctrl+B (Mac: +B) alterna a letra negra
  • Ctrl+I (Mac: +I) alterna a cursiva
  • Ctrl+U (Mac: +U) alterna o subliñado
  • Re Pág iniciar superíndice ou rematar subíndice no modo de subíndices
  • Av Pág iniciar subíndice ou rematar superíndice no modo de superíndices
  • mover o cursor: Inicio Fin Esquerda Dereita
  • Retroceso elimina o carácter á esquerda do cursor
  • Supr elimina o carácter á dereita do cursor
  • Intro inicia unha liña nova
  • F2 insire un símbolo de texto (ver embaixo).

Símbolos e caracteres especiais

Pódese empregar Símbolos de texto para inserir negras, fraccións e outros símbolos especiais ou caracteres no texto. Na barra de ferramentas de texto prema a icona do teclado special-text-symbols-button.png para abrir a paleta Símbolos de texto A paleta Símbolos de texto contén botóns para inserir símbolos no texto, como negras ou caracteres especiais como o símbolo de copyright ou letras acentuadas.

Vexa tamén: Nomes dos acordes , Letras , Molduras , Modo de edición